O BlackBerry PlayBook chegará ao mercado español o vindeiro luns
xoves, 9 de xuño do 2011
Dende o pasado
outono levamos agardando polo BlackBerry PlayBook, o primeiro tablet de
RIM, que finalmente chegará
ás tendas españolas o vindeiro 13 de xuño en modelos de 16, 32 e 64 Gb por
499, 599 e 699 euros respectivamente, lembrando excesivamente ao modelo de
prezos do iPad de Apple.
Este tablet terá conexión Wi-Fi (RIM pensa que en mobilidade o seu serÃa facer tethering dende un móbil con tarifa de
datos) e agárdase que Vodafone incorpore este dispositivo ao seu catálogo de
produtos subvencionados este mesmo mes.
Lembremos que o BlackBerry
PlayBook é un tablet cunha pantalla LCD multi-táctil de 7 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, sistema
operativo BlackBerry Tablet OS (con soporte de Flash), Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, cámaras
de 3 e 5 MpÃxeles, unhas medidas de 194 x 130 x 10 milÃmetros e un peso de 425
gramos. Estamos asà ante un trebello máis semellante a un Samsung Galaxy Tab
que a un iPad, polo que poderÃa ter certos problemas para atopar un lugar no
mercado.