O Concello de Santiago estrea web para poñernos ao alcance da man os seus recursos de galego
xoves, 12 de decembro do 2019
O
Departamento
de Lingua do Concello de Santiago presentou hoxe unha nova páxina
web, denominada Delingua, lanzada co obxectivo de facilitar o
camiño dos internautas-cidadáns cara aos seus recursos e programas
lingüÃsticos (orientados a dinamizar o galego a todos os niveis).
Podémola ver delingua.santiagodecompostela.gal.
A
web foi presentada hoxe pola concelleira de PolÃticas LingüÃsticas,
Noa DÃaz, quen sinalou que conta con catro grandes bloques, entre os
que destaca o de Programas, onde se inclúen agora todas as
iniciativas organizadas ou participadas polo Departamento de Lingua,
moitas das cales tamén teñen páxinas web propias.
Nesta
sección Programas os usuarios poden atopar toda a información
de ferramentas e iniciativas como Galegoempresas, Coidar para
mellorar, Sen cancelas, Premio Manuel Beiras, Fotolingua, Apego,
Atopando Compostela, Enreguéifate, Youtubeir@s, Conto Viaxeiro ou
Club de Debate.
A
concelleira tamén quixo salientar o apartado de Actividades,
que recolle todas as accións que o Departamento de Lingua pon en
marcha periódica ou puntualmente. Obradoiros, contacontos, galas,
xogos ou festas, entre outras propostas, teñen cabida nesta parte.
A
web Delingua complétase cun espazo de Recursos (histórico
de programas, dicionario, formación, normativa, terminoloxÃa,
tradutores, outras webs...) e con outro de Novas, que recolle
toda a actualidade xerada polo Departamento. Ademais, existe a
posibilidade de subscribirse a un boletÃn e recibir asà por e-mail
todas as novidades da área que dirixe Nora DÃaz e o Departamento de
Lingua. Xunto á concelleira Noa DÃaz, participaron na rolda de
prensa as técnicas municipais do Departamento de Lingua, Soco GarcÃa
Conde e Marta Besada.