O LG Band Play achega son e cámara de calidade á gama media

xoves, 25 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Unha boa cámara e unha boa reprodución musical non son características que só poida permitirse os usuarios de smartphones de alta gama, e para os que buscan iso dende LG poñen esta semana á venda en Corea do Sur por 394.800 wons (317 euros) o novo LG Band Play, un teléfono de gama media que funciona con Android 5.1 e que sorprende principalmente por integrar un altofalante de 1 watt (que presume dun son moi nítido) e duns auriculares premium, de xeito que sería ideal os que busquen escoitar música con este smartphone.
Outra prestación rechamante deste terminal é o seu modo Focus, que permite centrarnos no que esteamos a facer en cada momento, evitando as distraccións de chamadas e notificacións, para o que o dispositivo elimina as chamadas e os datos.
Este novo smartphone 4G ten unha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, un procesador de catro núcleos Qualcomm Snapdragon 410, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), cámara traseira de 13 Mpíxeles con auto-enfoque láser, cámara frontal de 5 Mpíxeles con grande angular, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1 e NFC, pesa 126 gramos e ten un grosor de 8,3 milímetros.

O LG Band Play funciona con Android 5.1 e conta cunha pantalla de alta definición de 5 polgadas

PUBLICIDADE