O Máster de Software Libre organiza unhas Xornadas Abertas en setembro

mércores, 17 de agosto do 2011 Redacción

Co gallo do próximo inicio da V edición do Máster en Software Libre en Vigo e como colofón da edición presente, o Máster en Software Libre organiza en setembro unha serie de xornadas abertas sobre diferentes temas relacionados co software libre e coa participación de colaboradores de diversas áreas e afiliacións.
Buscan que as xornadas sirvan de punto de encontro de antigos e novos alumnos e tamén como foro de intercambio para profesionais do sector e simpatizantes do mundo do software libre. Haberá sesións orientadas a aspectos técnicos a xeito de obradoiros e sesións de relatorios con debates en torno a mesas redondas con expertos.
As Xornadas Abertas terán lugar os venres pola tarde e os sábados pola mañá durante 3 fins de semana de setembro no edificio da Centro Social Novacaixagalicia na rúa Policarpo Sanz nº 24-26 de Vigo, co programa que detallamos a continuación:

Fin de semana 1, 9 e 10 de Setembro


Venres 9, de 16.00 a 21.00
- Software libre e cidadanía - Javier de la Cueva, avogado experto en propiedade intelectual
- Software patents - Karsten Gerloff, presidente FSF Europa
- Mesa redonda sobre copyright e patentes
Sábado 10, de 9.00 a 14.00
Carlos Guerreiro, open source technologist and former project leader at Nokia/Maemo/MeeGo
09:00-11:00 Scaling out with open source tools
11:00-11:30 Descanso
11:30-12:30 Personal data cloud
12:30-14:00 History of Maemo/MeeGo/Nokia

Fin de semana 2, 16 e 17 de Setembro


Venres 16, de 16.00 a 21.00
- Martín García, Xefe do Servizo de Organización e Informática. Consellería de Infraestruturas e Transporte de la Comunidade Valenciana
- gvPontis: Experiencia de migración a software libre na consellería
- Gabriel Carrión, director do proxecto gvSIG
- gvSIG. Algo máis que software
Sábado 17, de 9.00 a 14.00
- mswl-network: Experiencias de ex-alumnos

Fin de semana 3, 23 e 24 de Setembro


Venres 23, de 16.00 a 21.00
- WebKit e WebKitGTK - Mario Sanchez e Sergio Villar, hackers en Igalia
- Introduction to the project + technical workshop - Mario Sanchez e Sergio Villar, hackers en Igalia
Sábado 24, de 10.30 a 14.00
- Andago: historia e modelo de negocio - Álvaro del Castillo, Andago
- Yaco: historia e modelo de negocio - Javier Viñuales, Yaco
- Igalia: historia e modelo de negocio - Juan José Sanchez, Igalia
- Mesa redonda

PUBLICIDADE