O Sony Xperia T3 preséntase como un smartphone de gama media con acabado premium
martes, 3 de xuño do 2014
O Sony
Xperia T3 ve a luz presumindo de ser o smartphone con pantalla de 5,3
polgadas máis delgado do mundo grazas aos seus só 7 milÃmetros de grosor, que é
un dos detalles a destacar deste curioso terminal que sorprende principalmente
por manterte na gama media pero ter unha aparencia externa de dispositivo de
alta gama.
Este atractivo teléfono, pese ao seu elevado tamaño consegue conter o seu peso
en 148 gramos; tamén chegará ao mercado en tres cores bastante elegantes
(branco, negro e púrpura), presume dun marco de aceiro inoxidable (que tamén
fai de antena) e a súa parte traseira está deseñada cun material mate. Dá unha
sensación de robustez, aÃnda que tamén consegue entregar unhas imaxes moi vivas
a través da súa pantalla IPS TRILUMINOS de alta definición, toma boas
fotografÃas coa súa cámara traseira de 8 MpÃxeles con Exmor RS e HDR (incluso
na gravación de vÃdeo), pode aproveitar a velocidade das conexións 4G, funciona
cun modesto procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, e a súa baterÃa de 2.500 mAh
permÃtelle presumir de boa autonomÃa (en boa medida por contar co modo STAMINA
propio dos dispositivos móbiles de Sony).
Este terminal con Android 4.4, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), Bluetooth 4.0, NFC, cámara
frontal de 1,1 MpÃxeles (e vÃdeo a 720p) comezará
a súa comercialización global a finais do mes de xullo.
- O Sony Xperia T3 consegue un agarre firme grazas ao seu acabado de alta calidade
VÃdeo de presentación do Sony Xperia T3