O Surface Pro 7+ ten versión con 4G
luns, 11 de xaneiro do 2021
Microsoft quere atender á grande demanda de equipos potentes
e portátiles da familia Surface cun novo equipo que comercializa en exclusiva
para empresas, o novo
Surface Pro 7+, un dispositivo 2 en 1 que presume de ser lixeiro e con boa
autonomÃa, e que agora mellora aÃnda máis a súa portabilidade coa opción 4G LTE
Advanced, facilitando asà o acceso á banda larga móbil cando se estea fóra do
fogar ou da oficina, ou en localizacións onde o alcance da rede Wi-Fi sexa
limitado.
Estes novos equipos están equipados co último procesador Intel Core de 11ª
xeración, prometen até 15 horas de autonomÃa, integran portos USB-A e USB-C que
incluso permiten a conexión de pantallas externas para gozar dunha completa estación
de traballo, e tamén pode ofrecer videochamadas de auténtico luxo grazas á súa
webcam Full HD, os seus altofalantes Dolby Atmos e os seus 2 micrófonos de
longo alcance.
O Surface Pro 7+ parte dun prezo de 1.029 euros para o modelo con Wi-Fi e de
1.329 euros para o modelo con conectividade 4G, podendo equiparse con até un
procesador Core i7, 32 GB de RAM e 1 TB de SSD.
- O Surface Pro 7+ con 4G LTE Advanced permite aproveitar a banda larga móbil para estar conectado en case calquera lugar