O Vodafone 858 Smart permite aos usuarios de prepagamento gozar de Android 2.2
xoves, 23 de xuño do 2011
Ter un
móbil con Android xa non é exclusiva dos usuarios con liñas de contrato e
elevados consumos mensuais, e grazas á emerxencia de moitos terminais de gama
media, chega agora o Vodafone
858 Smart, móbil que Vodafone vende por 69 euros en prepagamento coa Tarifa
XS8, que permite falar por 8 céntimos/minuto, mandar mensaxes a 8 céntimos
durante os 30 dÃas seguintes a unha recarga de 10 ou máis euros (prezos sempre
sen IVE) ou a 15 céntimos/minuto e 15 céntimos a mensaxe en caso contrario.
Para as conexións de datos pode empregarse só o Wi-Fi ou por
3G pagando 0,50 euros/dÃa (ata 20 Mb de transferencia/dia).
O Vodafone 858 Smart ten unha pantalla táctil capacitiva de 2,8 polgadas cunha
resolución de 240 x 320 pÃxeles, cámara de 2 MpÃxeles, Wi-Fi, Bluetooth, USB,
120 Mb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb (inclúe
unha de 2 Gb), radio FM, unha autonomÃa de 4,5 horas en chamada e 380 horas en
espera, unhas medidas de 103,8 x 56,8 x 12,6 milÃmetros e un peso de 100
gramos. EstarÃamos asà ante un dispositivo coas prestacións dos primeiros
móbiles con Android (só que conta coa versión 2.2 do sistema operativo
promovido por Google), que por un prezo asumible facilitarÃa as posibilidades
avanzadas como o acceso ao correo electrónico, ás redes sociais e á reprodución
multimedia.