O documental A Cero.5 gaña o Premio CIRCOM na categoría Minorías sociais

venres, 24 de maio do 2024 Redacción

O documental A Cero.5, participado pola Televisión de Galicia, foi premiado co Premio CIRCOM 2024 na categoría Minorías sociais na gala celebrada este xoves en Poznan (Polonia), no marco da 40ª conferencia anual de CIRCOM, a rede de 250 medios públicos e centros de produción rexionais presentes en 29 países de Europa. O galardón ao documental A Cero.5 foi recollido polo seu autor e protagonista, o vigués Gonzalo Suárez, de mans do director de Contidos da CRTVG, Fernando R. Ojea, quen tamén ostenta a Secretaría Xeral da entidade europea.
A Cero.5 é o documental autobiográfico de Gonzalo Suárez, quen narra as súas vivencias despois de quedar parapléxico a raíz dun accidente. A peza, producida en 2021, amosa como a práctica do baloncesto no club vigués AMFIV, a competitividade e o compañeirismo lle axudaron a superalo.

O documental premiado pode verse en AGalega.gal

PUBLICIDADE