O novo Apple TV pode mercarse por dende 179 euros

luns, 26 de outubro do 2015 Marcus Fernández

A primeiros de setembro, durante a presentación na que deron a coñecer os novos iPhone e o iPad Pro, Apple tamén amosou un novo Apple TV, que renovábase de xeito substancial non só por adoptar un tamaño físico máis grande e un mando a distancia cun panel táctil, micrófono e sensores de movemento que melloran substancialmente o control do dispositivo, senón tamén a posibilidade de instalar aplicacións, o que abre todo un abano de posibilidades para o Apple TV.
Finalmente hoxe chega o novo Apple TV á tenda en liña de Apple para España, o que permítenos coñecer o seu prezo de venda, que é un pouco máis elevado do que moitos agardaban, xa que os 149 e 199 dólares dos modelos con 32 e 64 GB de almacenamento interno convértense en 179 e 229 euros en España, o que pon un pouco alta a barreira para mercar este trebello que como grande reclamo ten o correr aplicacións en tvOS, que aínda son poucas, pero que pouco a pouco irá incrementando un catálogo de xogos e apps deseñadas para o televisor.
Aínda que nun principio podemos pensar que o Apple TV limitarse a contar con aplicacións como a de Wuaki.tv ou Netflix, para acceder a contidos audiovisuais, o certo é que hai máis compañías que están a atopar interesante achegarse ao salón doméstico, como por exemplo, Airbnb. De todos os xeitos, poder completar os usos audiovisuais do Apple TV simplemente con xogos como Rayman Adventures, Transistor, Manticore Rising ou Guitar Hero xa é motivo dabondo para certos usuarios para querer renovar o deu Apple TV e así gozar desta nova versión que xa move con soltura vídeo Full HD (até 1.080p a 60 fps con H.264) e conéctase á Rede sen fíos a grande velocidade (soporta Wi-Fi AC con MIMO).

PUBLICIDADE