O novo dron de DJI pode evitar obstáculos de xeito automático
mércores, 2 de marzo do 2016
O vehÃculos aéreos non tripulados son cada vez máis
populares, grazas á evolución da súa tecnoloxÃa que os fai cada dÃa máis
versátiles, máis doados de controlar e máis económicos de adquirir e manter, sorprendendo
o feito de que dende China conseguisen colocarse en cabeza na innovación neste
ámbito, de xeito que a serie Phantom de DJI está conseguindo converterse no
grande referente do sector, que dá un interesante paso adiante co seu novo Phantom 4, que o vindeiro 15 de
marzo estará dispoñible e que xa pode encargarse por 1.599 euros.
- O Phantom 4 inclúe sensores que permiten detectar obstáculos para evitalos
Agora xa non nos preocupamos na definición da cámara do dron (pois unha vez
alcanzado o vÃdeo en UHD a 30 cadros por segundo cóbrense a meirande parte das
demandas), no seu sistema de estabilización de imaxe ou na súa autonomÃa (cada
vez maior, superando a meirande parte dos usos prácticos e permitindo superar
certos lÃmites mediante a substitución rápida das baterÃas), senón que buscamos
xa innovacións interesantes como seguimento de obxectivos, función de retorno
automático intelixente e cousas polo estilo, e precisamente aà destaca o novo xoguete de DJI, capaz de moverse até a
72 quilómetros por hora, voar até 28 minutos a unha distancia de control de até
5 quilómetros, e con funcións avanzadas como a detección e evasión de
obstáculos automática (integra un par de sensores que operarÃan a xeito de ollos, rexistrando as tres dimensións
grazas á visión estereoscópica), a posibilidade de controlar o dron con toques
en pantalla, poder indicarlle un suxeito para que o siga a cámara do dron de
xeito automático (ideal para actividades deportivas, e sen precisar que o
obxectivo a perseguir teña que levar un accesorio que facilite a súa
localización).
Estamos asà ante unha importante mellora con respecto á anterior xeración de
drons DJI Phantom, que fan cada vez máis doado o uso deste tipo de
dispositivos, de xeito que paulatinamente van avanzando até que co tempo teñan
automatizacións dabondo para que non sexan consideradas un perigoso obxecto
voador, senón un accesorio de fotografÃa e vÃdeo.
VÃdeo de presentación do DJI Phantom 4