O novo lector de libros electrónicos de Boox engade compatibilidade con lapis
xoves, 11 de xuño do 2026
Boox presentou o Go 6 (Gen II), a segunda xeración do seu lector electrónico de 6 polgadas, que incorpora por primeira vez compatibilidade cun lapis dixital para tomar notas, realizar anotacións e subliñar contidos. O dispositivo mantén a súa orientación á mobilidade, pero amplÃa as súas funcións máis alá da lectura grazas á integración dunha aplicación nativa de notas.
O novo modelo xa pode reservarse a través da tenda oficial europea de Boox cun prezo de 199,99 euros na súa versión estándar (as primeiras unidades prevese que comecen a enviarse arredor do 24 de xuño). Tamén se comercializa un paquete que inclúe o lapis InkSense Plus por 232,99 euros durante o perÃodo promocional (fronte ao seu prezo habitual de 245,98 euros).
A principal novidade do Go 6 (Gen II) é a compatibilidade co lapis InkSense Plus (á venda por separado a un prezo de 45,99 euros), que permite escribir notas manuscritas, crear listaxes de tarefas, destacar fragmentos de texto ou engadir anotacións aos libros. A función compleméntase cunha aplicación especÃfica para notas integrada no sistema.
O trebello estrea ademais un deseño renovado inspirado na forma dunha maleta, cunha traseira que incorpora regos texturizados e curvas suaves para mellorar a suxeición. Está dispoñible en catro cores: Plum, Stone, Shell e Custard.
O lector pesa preto de 160 gramos e ten un grosor de 6,8 milÃmetros, dimensións que facilitan o seu transporte nun peto ou nun bolso pequeno. A pantalla monocroma E Ink de 6 polgadas ofrece unha resolución de 1.448 x 1.072 pÃxeles e unha densidade de 300 pÃxeles por polgada, co obxectivo de reproducir o aspecto visual do papel impreso. Conta tamén con iluminación frontal regulable en tonalidades cálidas e frÃas.
Entre as melloras técnicas destaca o aumento da memoria RAM ata os 3 GB, mentres que o almacenamento interno mantense en 32 GB, ampliables mediante tarxetas microSD. O dispositivo funciona con Android 11 e integra acceso á tenda Google Play para instalar aplicacións de terceiros. Inclúe Wi-Fi de dobre banda (2,4 e 5 GHz), Bluetooth 5.0, porto USB-C e baterÃa de 1.500 mAh.
VÃdeo promocional do lector Boox Go 6 (Gen II)
