Oculus presenta un novo prototipo das súas lentes de realidade virtual
luns, 22 de setembro do 2014
Entre
os dÃas 19 e 20 celebrouse a primeira edición do encontro de desenvolvedores Oculus Connect, centrado en
tecnoloxÃas de realidade virtual, contando con preto dun milleiro de asistentes
de todo o mundo, e que serviu para presentar o novo prototipo das
lentes Oculus Rift, coñecido como Crescent Bay, e que mellora a súa
tecnoloxÃa de pantalla, integra un sistema de seguimento da cabeza en 360
graos, reduce o seu peso, mellora a súa ergonomÃa e integra audio de alta
calidade, achegándose moito máis ao que se espera que sexa o produto final.
Espérase que esta tecnoloxÃa resulte especialmente popular para xogar, consumir
contidos audiovisuais e gozar de moitas outras experiencias que agora só
podemos intentar adiviñar, no que promete ser o mellor sistema de lentes de
realidade virtual do mercado.
No encontro de desenvolvedores tamén se amosaron as novidades de Unreal Engine
4, xa que este motor gráfico de Epic está a incluÃr cada vez máis recursos para
conseguir unhas experiencias de realidade virtual cada vez máis sorprendentes.
Na mesma liña tamén se anunciou que Unity xa inclúe a Oculus como unha
plataforma oficial, de xeito que xa soporta (tanto na súa versión profesional
como na gratuÃta) a tecnoloxÃa de visión estereoscópica e son tridimensional
que facilita a sensación de realidade virtual de Oculus.