Oddworld: New ‘n’ Tasty estrea versión para PS Vita
luns, 18 de xaneiro do 2016
O pasado mes de marzo os usuarios de PlayStation Plus cunha
PlayStation 4 puideron
facerse sen custo adicional con Oddworld:
New ‘n’ Tasty, xogo que recupera un clásico da primeira PlayStation (Abe’s Oddysee) adaptándoo aos novos
tempos, e que, tras unha boa acollida en PS3 e PS4, dá mañá mesmo o salto á
PlayStation Vita, consola portátil para a que poderá
mercarse este xogo de plataformas a un prezo de 19,99 euros. Cómpre
salientar que o xogo non será compatible con PlayStation TV.
A adaptación deste xogo independente de boa factura á portátil de Sony supuxo
principalmente unha reelaboración dos controis, para axudar aos principiantes,
prestando moita atención aos botóns e os joysticks,
modificando as zonas mortas analóxicas, dobrando os botóns L e R e asegurando
que o protagonista vaia sempre exactamente a onde o xogador queira, o que é
todo un reto cando falamos dunha consola que non pode controlarse sempre coa
precisión dun mando de consola doméstica, xa que haberá usuarios que estean a
gozar dos xogos, por exemplo, mentres van nun medio de transporte público, polo
que hai que adaptar o sistema a un control menos preciso.
O xogo fai uso de todos os controis da PS Vita, incluÃndo a pantalla táctil,
pero tamén se incorporaron elementos da versión de PS4, como o sistema de
gardado rápido e de carga rápida, que funcionan con só premer a tecla de select. Temos asà un xogo que no seu
salto a unha portátil non perdeu nin xogabilidade, nin estética nin humor, polo
que os seareiros de Abe estarán encantados de poder gozar esta aventura en
mobilidade.
- Con Oddworld: New ’n’ Tasty podemos retomar as aventuras de Abe’s Oddysee na PS Vita