Os Redmi Note 9 Pro terán procesador de Qualcomm e baterÃa de 5.020 mAh
xoves, 12 de marzo do 2020
Xiaomi
vén de presentar na India a súa nova xeración de móbiles Redmi Note Pro,
que chegan á súa 9ª xeración, ofrecendo grandes pantallas e prestacións
competentes a prezos moi axustados, combinación que nos últimos anos valeulles
grandes vendas e colocou a estes dispositivos como os grande referentes da gama
media en mercados como o español, no que compiten directamente cos Samsung
Galaxy A.
Os novos smartphones Redmi Note 9 Pro e Redmi Note 9 Pro Max chegan con
pantallas Full HD+ de 6,67 polgadas (cunha relación de aspecto de 20:9),
funcionan cun procesador Qualcomm Snapdragon 720G con gráfica Adreno 618, teñen
lector de tarxetas microSD de até 512 GB, inclúen emisor de infravermellos e a
súa baterÃa ten unha xenerosa baterÃa de 5.020 mAh.
No caso do Redmi Note 9 Pro temos configuracións con 4/6 GB de RAM e 64/128 GB
de almacenamento interno, a súa cámara traseira cuádrupla ten un sensor
principal de 48 MpÃxeles, a cámara frontal é de 16 MpÃxeles e a súa carga
rápida é de 18 watts; pola súa banda o Redmi Note 9 Pro Max chegan con
configuracións de 6/8 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno, cámara
traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 MpÃxeles, cámara frontal de 32
MpÃxeles e carga rápida de 33 watts.
Falamos de dispositivos cun importante salto en prestacións. O Redmi Note 9 Pro
porase á venda na India o vindeiro 17 de mazo a 12.999 rupias (156 euros) con 4
GB de RAM e 64 GB de almacenamento, mentres que o modelo con 6 GB de RAM e 128
GB de almacenamento custará 15.999 rupias (192 euros). O Redmi Note 9 Pro Max farase
agardar até o 25 de marzo e venderase en configuracións con 6 GB/64 GB, 6 GB/128
GB, 8 GB/128 GB a 14.999, 16.999 e 18.999 rupias respectivamente (179, 203 e
227 euros).