Os controis da App Store en dúbida tras o éxito de descargas dunha aplicación pirata
martes, 13 de febreiro do 2024
- Kimi logrou supear a YouTube en descargas, pese a súa evidente ilegalidade
Dende setembro do ano pasado figura na App Store unha aplicación para iPhone e iPad chamada Kimi, que dicÃa servir para comprobar a nosa fatiga visual, e que misteriosamente chegou a coarse entre as aplicacións máis descargadas. A causa? Que realmente a aplicación servÃa para ver series de televisión e pelÃculas piratas.
Resulta difÃcil entender como puido pasar os filtros de Apple durante tanto tempo unha aplicación que facilitaba o acceso de balde a numeroso contido audiovisual, e que non foi retirada da tenda de aplicacións até que se desvelou a súa finalidade real nos medios de comunicación, especialmente por ter superado a YouTube en descargas.
- A aplicación de Kimi non tiña moito pudor á hora de facilitar o acceso a pelÃculas e series