Pequeno proxector de vídeo para o iPhone

luns, 29 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A xente de BeamBox xuntouse coa de MiLi para crear o MiLi Evolution Mini Power Projector, que é un proxector de vídeo LCOS en miniatura que permite proxectar imaxes dun iPhone ou dun iPod Touch, tendo incluso espazo para a colocación deste tipo de dispositivos (podendo utilizarse para a súa carga).
O proxector ten un brillo de 10 lumens, proxecta imaxes de 640 x 480 píxeles de entre 5 e 70 polgadas (sendo 40 polgadas o seu tamaño óptimo), funciona cunha lámpada LED cunha vida de 20.000 horas, ten altofalante integrado, aliméntase a través dunha batería recargable e tamén permite a proxección dende fontes de vídeo distintas aos trebellos de Apple (coma conexións RCA ou VGA).
Este pequeno proxector sairá á venda a finais de xullo por uns 255 dólares (181 euros), polo que sería un dispositivo moito máis atractivo que o iJector do que falamos nos pasados días (e que superaría o 480 euros).

PUBLICIDADE