Pioneer anuncia un navegador GPS para a bicicleta
mércores, 26 de outubro do 2011
- O PotterNavi ten unhas dimensións de só 9 x 6 x 1,8 centÃmetros
Pioneer
presentou onte o seu PotterNavi, un navegador GPS pensado para o seu uso en
bicicletas, que conta cunha pantalla LCD de 2,4 polgadas cunha resolución de
320 x 240 pÃxeles, soporte de ANT+, sensor de aceleración, porto USB,
conectividade 3G e unha autonomÃa de 10 horas, que non só amosa mapas e
indicacións para chegar a lugares de interese, senón que tamén dá consellos
sobre un uso saudable da bicicleta (informando sobre o consumo enerxético da
nosa actividade na bicicleta), pode amosar os metros percorridos ou información
recollida a través de dispositivos ANT+ e mesmo pode rexistrar información dos
nosos paseos para poder gardalos logo no ordenador ou incluso subilos á web
para compartilos con outros usuarios (útil tanto a xeito de diario como para dar
a coñecer rutas de interese).
Este navegador GPS soporta salpicaduras, po e vibración (IPX5), mide 90 x 60 x
18 milÃmetros, pesa uns 100 gramos e chegará ao
mercado nipón en febreiro de 2012 a un prezo de 40.000 iens (378,40 euros),
agardándose a súa chegada a Europa antes do verán.
- O navegador pode levarse sobre o guiador da bici