Premian o labor de concienciación na importancia da seguridade informática por parte do presidente do CPEIG

venres, 31 de maio do 2019 Redacción

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, recibiu onte en Madrid unha recoñecemento sobre a concienciación en seguridade dos Premios Internacionales de Seguridad Cibernética y Protección de Datos (Cyber Security & Data Protection Awards 2019) da Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS Forum Spain), unha iniciativa para promover o bo goberno e as prácticas, a investigación, o compromiso e a mellora nas áreas de seguridade cibernética e protección de datos.
El presidente de ISMS Forum, Gianluca D’Antonio, entregou o galardón a Fernando Suárez no marco da vixésimo primeira Jornada Internacional de Seguridad de la Información organizada pola asociación, que se celebrou no auditorio principal do Teatro Fernando de Rojas.
No seu discurso de agradecemento Fernando Suárez pronunciou o seguinte: «A seguridade da información é clave para o progreso social e económico do noso país. Pode supoñer para España unha punta de lanza a nivel internacional, xa que temos talento e as ferramentas axeitadas para afrontar con maior seguridade os retos que temos no noso día a día. O obxecto é levar as tarefa da seguridade da información a todos os niveis, tanto en formación dos profesionais e a sociedade en xeral como na concienciación das entidades públicas e privadas sobre a importancia do investimento nesta materia».

PUBLICIDADE