Premio á firma tecnolóxica Qaronà nos premios de AJE Galicia
xoves, 17 de xuño do 2021
Narón
foi este mércores 16 a capital do emprendemento galego e da
innovación. O motivo? A celebración da gala final do Premio Xove
Empresario/a de Galicia e Iniciativa Emprendedora 2021 que este ano
chega á súa décima edición. O galardón recaeu nas empresas Pablo
Méndez Performance e na tecnolóxica QaronÃ, respectivamente.
Trátase dun evento itinerante promovido por AJE Galicia que cada ano
se celebra nunha cidade galega e que en 2020 recalou na Coruña.
O
acto, que se celebrou no Pazo de Narón, contou coa intervención,
entre outros, do conselleiro de EconomÃa e Industria, Francisco
Conde; o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites; o presidente de
CEAJE, FermÃn Albaladejo; o presidente de AJE Galicia, Luciano
Covelo e, como anfitrión da gala, o presidente de AJE Ferrol, Luis
González Rey.
A
gala do certame pódese ver en Youtube, na canle de AJE Galicia.
Os
premios recaeron este ano nas seguintes empresas, de entre as 20
candidaturas finalistas procedentes de todas as cidades galegas:
-Premio
Iniciativa Empresarial de Galicia 2021. Pablo
Méndez Performance, iniciativa centrada nos ámbitos do
espectáculo, a caracterización e a fantasÃa para todo tipo de
eventos e actividades.
-Premio
Iniciativa Emprendedora de Galicia 2021. QaronÃ.
Iniciativa innovadora de mercado centrada desenvolvemento de
aplicacións móbiles, na Intelixencia Artificial e nos servizos de
cadea de bloques (blockchain), xeolocalización, aplicacións,
análise de información a gran escala (Big Data), Internet
das Cousas, Realidade Aumentada, entre outros ámbitos de acción.
Combinan disciplinas para crear ferramentas dixitais que levan ao
mercado para axudar ás empresas a liquidar problemas e abordar a
transformación dixital.
-Mención
de Honra á Innovación. Kiwanda
Labs. É unha empresa que liquida os problemas de inventario e
rastrexabilidade (trazabilidade) mediante a tecnoloxÃa RFID,
permitindo ás empresas vender máis con menos stock e facendo un uso
máis eficiente dos seus recursos.
-Mención
de Honra á RSE. D Barrio. É
unha plataforma (web e app) para pedir a domicilio nas
mellores tendas e restaurantes locais, elixindo o repartidor e
axudando a mellorar os barrios.
Ademais,
durante a décima edición da gala dos premios de AJE Galicia
entregouse o galardón honorÃfico a Gerardo Collazo, director
executivo (CEO) da empresa Desenvolve.