Pro Evolution Soccer 2009 poderÃa ter unha boa acollida na súa versión para Wii
martes, 14 de outubro do 2008
A decepción dos
usuarios ante o patético salto da saga de xogos de Pro Evolution Soccer ás consolas de nova xeración (que se plasmou
no PES 2008 e segundo as análises
previas se está a repetir no futuro PES
2009) foi unha das causas que levou ao FIFA 09 a dominar as vendas de videoxogos en España,
pero o videoxogo de Konami que chegará ás tendas a finais de mes nas súas
versións de PS3, PS2, PSP e Xbox 360 poderÃa ter unha segunda oportunidade na
primavera de 2009, cando sairá unha versión para Wii, que promete
ser a salvación da franquicia, xa que se poderá xogar facendo uso do
mando da Wii (aÃnda que tamén será posible optar por un modo de xogo tradicional).
O sistema de control do xogo promete grandes avances (especialmente no sistema
de defensa), se mellora a precisión, a intelixencia artificial tamén achegará
unha simulación máis realista e un mellor fluxo da acción e incluso estrea un
segundo sistema de control para o xogo cooperativo (un xogador pode empregar o
mando clásico e outro o mando da Wii
e o Nunchuk).
Para facernos unha mellor idea do que será o PES 2009 para a Wii podemos ver un vÃdeo no que se adiantan
moitas das innovacións deste tÃtulo que poderÃa trunfar na consola
de Nintendo: