Prototype e Prototype 2 chegan por sorpresa a Xbox One

martes, 14 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Hoxe, de xeito totalmente inesperado, estreouse na tenda de xogos descargables de Xbox One o Lote Prototype Biohazard, que inclúe Prototype e Prototype 2, xogos de acción dunha franquía iniciada en 2009 e que conseguiu grande éxito nas consolas da anterior xeración, e que con este lanzamento facilítase o seu goce por quen só teña unha consola das novas (espérase que o lote saia á venda en breve para PlayStation 4).
Polo momento os xogos só poden adquirirse en conxunto a un prezo de 49,99 euros, ocupando 7,38 GB a descarga da primeira entrega protagoniza pro Alex Mercer; mentres que a súa secuela, na que o sarxento James Heller busca vingarse de Mercer, eleva o seu tamaño até os 10,22 GB, xa que inclúe todos os contidos descargables que forno saído para este título.
ACTUALIZACIÓN: Activision vén de comunicar que o 22 de xullo o Lote Prototype Biohazard estará dispoñible para PS4, e o 12 de agosto os xogos que o compoñen pasarán a estar dispoñibles para a súa compra por separado.

A primeira entrega de Prototype foi toda unha sorpresa, conseguindo colocarse entre os mellores xogos de acción de 2009
Prototype 2 muda o protagonista da saga para poder explorar unha trama argumental diferente, contando tamén con grandes doses de acción


Trailer do Lote Prototype Biohazard

PUBLICIDADE