Rematou no Son o obradoiro de novas tecnoloxías no que participaron unha ducia de persoas maiores

mércores, 30 de agosto do 2023 S. P.

Este martes 29 de decembro rematou o Obradoiro de Novas Tecnoloxías para as nosas e nosos maiores que se celebrou no concello de Porto do Son organizado pola Xunta e a Fundación Amigos de Galicia (en colaboración co Concello) ao longo do mes de agosto. Nas actividades programadas participaron unha ducia de persoas.
Celebrouse en catro quendas: os días 1, 8, 22 e 29 de agosto, na nave de servizos náuticos da vila sonense.
Trátase dunha actividade cen por cen de balde. O obradoiro estivo destinado a persoas de 65 anos ou máis, co fin de que puideran familiarizarse grazas ás sesións programadas en cuestións como os usos da máquina de quendas das administracións locais e os centros de saúde, dos caixeiros automáticos, dos teléfonos móbiles intelixentes ou das aplicacións móbiles máis estendidas (por exemplo a app do SERGAS).

PUBLICIDADE