Ricoh anuncia unha nova cámara compacta de alta gama
mércores, 17 de abril do 2013
AÃnda que as cámaras dixitais compactas están a perder
terreo por mor da mellora das cámaras dos móbiles, algúns modelos conseguen
destacar por achegar unha calidade de imaxe moi semellante á das réflex
dixitais grazas aos seus grandes sensores e boas lentes, o que parece que
consegue con bastante acerto a nova
Ricoh GR, que incorpora un sensor CMOS de 16 MpÃxeles cun tamaño APS-C e unha
lente F2.8 de 18,3 milÃmetros, o que xunto cun prezo relativamente axustado (custarÃa
un 27% que unha cámara equivalente da competencia) convértea nunha
excelente opción para quen queira disparar boas fotografÃas sen ter que cargar
cunha voluminosa cámara.
A Ricoh GR tamén fai uso do procesador GR ENGINE V, que optimiza as imaxes con
alta sensibilidade o que permite que podamos tomar instantáneas ata a un ISO
25.600 cun ruÃdo mÃnimo e unhas cores ricas a realistas. Tamén é capaz de
enfocar en só 0,2 segundos e pode gravar vÃdeo a 1.080p aplicando enfoque
automático continuo.
Ricoh tamén venderá unha lente de grande angular para esta cámara que é
compatible con todos os accesorios da liña GR Digital (visores, flashes,
viseiras, adaptadores...). Mide 117 x 61 x 25 milÃmetros, pesa 245 gramos e porase
á venda o mes que vén e o seu prezo nos EE.UU. será de 799 dólares, mentres que
no Reino Unido custará 599 libras esterlinas.
- A nova cámara compacta é compatible con numerosos accesorios