Samsung estrea novos equipos da liña Chromebook
mércores, 16 de setembro do 2020
A
utilización de ChromeOS en contornos educativos ten un grande éxito nos EE.UU.,
e Samsung Electronics quere trasladar a España este fenómeno, de xeito que a
compañÃa surcoreana non se dá por vencida e amplÃa
o seu catálogo de solucións para o sector educativo cos novos Samsung Chromebook
4+ e Chromebook 4, equipos portátil aptos tanto para docentes como para
alumnos, que destacan por ofrecer unha experiencia de uso segura e rápida e
teñen garantidas actualizacións até 2026.
Estes equipos de menos de 2 quilos de peso e 16 milÃmetros de grosor (pechados)
prometen resistencia a golpes e non só funcionan con aplicacións baseadas en
Chrome, senón que tamén permiten executar aplicacións de Android dispoñibles a
través da tenda de Google Play.
O Chromebook 4 chega cunha pantalla de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366
x 768 pÃxeles, mentres que o Chromebook 4+ pode presumir dunha pantalla Full HD
de 15,6 polgadas. Ambos teñen un procesador Celeron N4000, dende 4 GB de RAM, dende
32 GB de almacenamento interno, webcam de alta definición (720p), Wi-Fi 5,
altofalantes estéreo e baterÃa de 39 Wh con adaptador de corrente de 30 watts
por USB-C. Cómpre salientar que mentres que o Chromebook 4+ pesa 1,7
quilogramos, o Chromebook 4 pesa só 1,18 quilogramos, de xeito que podemos
entender que o usuario elixirá entre un ou outro en función da súa mobilidade.
O Chromebook 4 véndese xa por 339 euros, mentres que o Chromebook 4+ ten fixado
o prezo en 429 euros.