Sony renova os seus auriculares sen fÃos con cancelación de ruÃdo
martes, 8 de xuño do 2021
Os
auriculares sen fÃos Sony WF-1000XM3 levan un par de anos sendo o principal
referente como auriculares true wireless con cancelación de ruÃdo, e para collerlles o relevo chegan os Sony
WF-1000XM4, un novo modelo que consegue mellorar as súas prestacións á vez
que reduce un seu tamaño, facendo que sexa difÃcil que haxa outros auriculares
que lle fagan sombra, aÃnda que iso tamén se nota no seu prezo oficial: 280
euros.
Os WF-1000XM4 contan coa cancelación de ruÃdo lÃder do mercado, mellorada coa
procesador integrado V1, que aproveita o rendemento de cancelación de ruÃdo do
chip QN1e e a tecnoloxÃa Bluetooth integrada para conseguir a maior cancelación
de ruÃdo do sector á vez que reduce o consumo fronte ao modelo anterior.
Os auriculares teñen micrófonos duais de alta rendemento con sensor de ruÃdo
para conseguir unha magnÃfica cancelación de ruÃdo. Ten 2 micrófonos con
sensores de ruÃdo en cada orella (un de alimentación anticipada e outro de
retroalimentación), aÃnda que aos seus auriculares tamén xogan un rol
importante, xa que conseguen un axuste estable e conseguen un grande illamento acústico.
De cara á calidade sonora, os WF-1000XM4 admiten audio de alta resolución a
través do codec LDAC (cunha velocidade de transferencia máxima de 990 Kbps) que
con DSEE Extreme consegue que os arquivos comprimidos de música recuperen en
boa medida o seu rango de son, gañando en riqueza.
De cara ao seu uso, os WF-1000XM4 inclúe a función de Speak-to-Chat, para poder
ter conversas breves sen quitar os auriculares (pausando a música e deixando
entrar o son de ambiente cando falemos con alguén); conta con tecnoloxÃa de
control de son adaptable a distintos ambientes (de xeito recoñecerá onde
estamos para, por exemplo, deixar de entrar son de ambiente cando camiñamos
pola rúa para poder facelo de xeito seguro).
Para mellorar o uso dos auriculares como mans libres inclúen a tecnoloxÃa Precise
Voice Pickup, que recollen a voz cos micrófonos e cun sensor de condución ósea,
conseguindo asà discriminar o son exterior dos sons que saian da boca do
usuario, facilitando asà chamadas de voz máis nÃtidas incluso en ambientes
ruidosos.
Os WF-1000XM4 teñen unha autonomÃa de até 8 horas que poden ampliarse 16 horas
máis valéndose do estoxo de carga que pode cargarse mediante indución; contan
con resistencia á auga IPX4 (polo que están protexidos de salpicaduras e da
suor); poden configurarse para a utilización mediante voz do Asistente de
Google ou de Alexa; e tamén inclúen tecnoloxÃas de emparellado rápido con
móbiles con Android e incluso con Windows 10. Tamén é interesante advertir do
feito de que contan coa tecnoloxÃa 360 Reality Audio para conseguir experiencias
de audio inmersivas.
VÃdeo promocional dos novos auriculares Sony WF-1000XM4