Spotify proba un dispositivo para facilitar o seu uso no automóbil
mércores, 14 de abril do 2021
Conscientes
do elevado uso que se fai de Spotify no automóbil, a plataforma de streaming
musical está a ofrecer a un grupo reducido de usuarios nos EE.UU. un
dispositivo chamado Car Thing, que facilita
a reprodución musical dun xeito máis áxil e cómodo mentres imos en coche, para
o que este trebello opta por diferentes sistemas de control: a voz, a pantalla
táctil ou mandos fÃsicos.
Con este trebello os usuarios poden utilizar un asistente de voz para solicitar
o que queren escoitar a través de Spotify; poden empregar a súa pantalla táctil
para ver o que se está a reproducir e navegar polos contidos; e incluso poden facer
uso de elementos fÃsicos (algo moi práctico para non perder de vista a estrada)
como un dial para moverse entre os contidos e 4 botóns preconfigurables que
serven de atallos para os contidos preferidos.
O
Car Thing só pode conseguirse mediante invitación e precisa de conexións a
Internet a través do móbil para funcionar. Dende Spotify aseguran que non pretenden
competir cos sistemas de audio no automóbil, senón simplemente complementalos,
e aÃnda que este dispositivo é actualmente de balde para subscritores de
Spotify, pretenden comercializalo a un prezo de 79,99 dólares.