Televés presenta un equipo perfeccionado de accesorios para a distribución de sinal de fibra óptica
mércores, 6 de marzo do 2013
A
empresa compostelá Televés dedicada
dende 1958 á investigación, deseño, fabricación e
comercialización de equipos para a recepción e distribución do
sinal de radio, televisión, telefonía e internet vén
de presentar unha nova gama de dispositivos para a distribución de
sinal sobre fibra óptica. Con esta achega preténdese abranguer
todo o preciso de cara ao despregamento deste tipo de redes segundo
os requirimentos da nova Infraestrutura Común de Telecomunicacións
(ICT-2); isto é: rexistros, fíos multifibra e todo tipo de
accesorios para a conectorización.
Así
é como Televés quere facer máis doado o traballo do profesional no
intre de acometer as instalacións de fibra óptica desde o recinto
de instalación de telecomunicación interior (RITI) do edificio até
a vivenda, nas condicións establecidas polo Real Decreto 346/2011 e
a Orde ITC/1644/2011, que regulan a ICT-2. Engaden dende Televés que
todos os dispositivos e equipos para fibra óptica posúen a garantía
de vangarda tecnolóxica e excelencia en fabricación que caracteriza
á marca referencia no sector da distribución de sinais de
radio-televisión.
Emporiso,
a gama para fibra óptica de Televés consta -entre outros- dos seguintes equipos: rexistro principal de interior
(con até 48 conectores SC/APC e protexido por armarios metálicos
lacados ao forno con pintura electroestática); rexistro secundario
(pode aturar até oito fibras de saída); punto de acceso ao usuario
(PAU) (achégase en dúas referencias, para dous ou até catro
adaptadores SC-Femia); fíos de fibra óptica (con tres modelos
diferentes de fío de fibra óptica: de 2, 24 e 48 fibras monomodo) e
accesorios (que inclúen: protector para fusións, empalme mecánico,
conector SC/APC, latiguiño monomodo
SC/APC(m)- SC/APC(m) e adaptador SC/APC(h)-SC/APC(h).