The New York Times desvela detalles do algoritmo de TikTok
martes, 7 de decembro do 2021- The New York Times detalla os elementos que avalÃa TikTok á hora de recomendar vÃdeos
Un columnista do The New York Times conseguiu
un documento interno de TikTok no que detallan como funciona o algoritmo desta
plataforma social de vÃdeo, que serÃa moito máis sinxelo do que se poderÃa
pensar ao ver o seu bo funcionamento, que serÃa froito principalmente da
inxente cantidade de datos que procesa, facilitando asà que ofreza contidos que
manteñan aos usuarios enganchados.
O documento TikTok Algo 101 recolle que os obxectivos da plataforma son os
parámetros definidos como valor de usuario, valor de usuario a longo prazo, valor
de creador e valor de plataforma, buscando como obxectivo final incrementar o
número de usuarios activos, para o que apostan pola retención do usuario e o
incremento do tempo de uso da aplicación.
O sistema considera que o tempo de visualización é a chave do seu éxito, polo que
detecta os contidos que preferimos en función do tempo que lle dedicamos, conseguindo
asà facernos adictos á plataforma, aÃnda que tamén teñen en consideración
detalles como se prememos en gústame ou deixamos un comentario, pero
controlando o seu efecto (por exemplo, o sistema detecta cando un vÃdeo promove
que os usuarios preman en gústame e réstalle peso a tal acción).
TikTok tamén evita o aburrimento do usuario, polo que evita presentarlle só
vÃdeos do estilo que prefire, cun sistema de dispersión que achega contidos
afÃns a través doutros usuarios ou de palabras chave.
De todo isto podemos entender que TikTok non conta cun algoritmo mÃstico,
e simplemente conta cunha base de usuarios e contidos tan ampla que permÃtelle
ter información de calidade para adaptarse ás súas preferencias.