Un xogo español de fútbol trunfa en WiiWare

venres, 30 de decembro do 2011 Marcus Fernández

O estudo barcelonés EnjoyUP Games leva anos achegando xogos para as consolas de Nintendo dende a Game Boy Advance, con títulos como Chronos Twin: One hero in two times, Little Red Riding Hood’s: Zombie BBQ, PENGUINS & FRIENDS – Hey! That’s my fish!, Family & Friends Party, 99Bullets e Bugs’N’Balls, e o pasado día 22 estreou na tenda de descargas para a Wii Football Up!, o primeiro xogo de fútbol para WiiWare, que con clara inspiración nos xogos do deporte rei a finais dos anos 80 conseguiu gañarse ao público e lidera xa las vendas en Reino Unido, Alemaña, Italia, Países Baixos, Francia e España.
O xogo pode adquirirse pro 500 Wii Points (uns 5 euros), permite empregar como xogadores aos Mii que estean creados no Canal Wii, permite un grande control do balón mediante o sistema Free Control Ball, tamén deixa regular a altura, dirección e efectos dos pases e disparos e conta con opción multixogador de ata 4 xogadores.


Trailer do xogo

O xogo permite empregar os nosos Mii
Football Up! ten certa semellanza a xogos clásicos como Match Day ou Kick Off

PUBLICIDADE