Unha cámara compacta integra 16 obxectivos para conseguir imaxes coa calidade dunha réflex
xoves, 8 de outubro do 2015
É posible conseguir fotografÃas coa calidade dunha réflex
cunha cámara portátil? Nun primeiro momento calquera dirÃa que non por simples
limitacións fÃsicas, pero a startup Light
cre que hai xeitos de conseguir imaxes de alta calidade sen ter que cargar con
obxectivos intercambiables, e asà deseñaron a
L16, unha cámara que combina 16 módulos semellantes á cámara dun smartphone
con distintas lonxitudes focais (das que dispararÃan 10 á vez), conseguindo asÃ
compor unha imaxe de 52 MpÃxeles (sendo tamén quen de gravar vÃdeo en ultra
alta definición).
Esta
cámara terÃa o tamaño dun smartphone Nexus 6 pero o dobre de grosor, dispondo
na súa parte frontal 5 obxectivos equivalentes a unha focal de 35 milÃmetros, 5
obxectivos de 70 milÃmetros e 6 de 150 milÃmetros, de xeito que, aparte de
conseguir un grande nivel de detalle, tamén permitirÃa zoom de alta calidade.
Por desgraza isto ten un elevado prezo, que será de 1.299 dólares para quen
reserve unha destas cámaras que máis adiante venderanse por 1.699 dólares, e
haberá que agardar até o verán para poder facerse cunha das primeiras unidades.
Estamos ante unha nova aposta pola luz
no mundo das cámaras, para o que é preciso combinar tecnoloxÃas bastante
sofisticadas que permitirÃan que a cámara funcionase como se tivese unha
apertura f/1.2 e un obxectivo de 35-150 milÃmetros, ou sexa, que serÃa o máis
parecido a unha réflex que podemos ter no tamaño dunha cámara compacta, coa
comodidade adicional de contar cunha xenerosa pantalla táctil para o seu
control e gozar de conectividade Wi-Fi para poder compartir os contidos captados
de xeito áxil e doado.
Vendo o funcionamento desta cámara, o que parece inevitable é que, tras o seu
desenvolvemento como un produto dedicado, remate trasladándose a súa tecnoloxÃa
ás cámaras compactas máis empregadas actualmente: as dos smartphones.
- Os obxectivos integrados na L16 teñen diferencias lonxitudes focais, permitindo asà facer zoom óptico
- A cámara L16 promete unha calidade dunha réflex cun obxectivo de 35-150 mm nun tamaño compacto
VÃdeo promocional da cámara L16