Artigos desta sección
God of War terá unha nova entrega protagonizada por Faye
Sony pechou o seu último evento State of Play cun dos anuncios máis destacados dos últimos anos para PlayStation: God of War Laufey, a nova entrega principal da popular saga desenvolvida por Santa Monica Studio. O título chegará a PlayStation 5, aínda que polo momento non conta cunha data de lanzamento (...)
Ler máisÁbrense as reservas de Marvel: Lobezno
Insomniac Games aproveitou o último State of Play para amosar en profundidade Marvel: Lobezno, a súa nova aventura de acción para un xogador protagonizada por Logan. O título, desenvolvido en colaboración con Marvel Games, confirmou tamén a súa data de lanzamento para PlayStation 5: o 15 de setembro de (...)
Ler máisLuna incorpora esta semana un novo xogo de Masters of the Universe
Amazon anunciou a actualización de contidos de xuño para Luna, o seu servizo de xogo na nube, coincidindo coa proximidade do Prime Day e co inicio da tempada estival. A plataforma incorpora novos títulos ao catálogo incluído coa subscrición Prime, suma 15 xogos descargables para PC e ofrecerá un desconto do 43 % no mando Amazon Luna Controller durante o evento (...)
Ler máisFable adía o seu lanzamento
Unha das franquías máis queridas de Xbox, Fable, leva bastante tempo fraguando o seu relanzamento da man de Playground Games (responsables de Forza Horizon) e aínda que hai poucos meses aseguraban que o novo Fable chegaría a Xbox Series X|S, PS5 e PC no outono, o lanzamento farase agardar, para non coincidir cos grandes lanzamentos que chegarán despois do (...)
Ler máisThe Witcher 3 prepárase para a súa nova expansión con descontos do 80%
O anuncio de que The Witcher 3: Wild Hunt vai recibir unha nova expansión en 2027 para PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5 está a facer que o título lanzado en 2015 volva estar no punto de mira e dende CD Projekt Red quixeron aproveitar o momento para impulsar as súas vendas con descontos do 80% nas tendas dixitais de PlayStation, Xbox e PC (...)
Ler máisCall of Duty chega a Switch 2 e di adeus a PS4 e Xbox One
O equipo de Call of Duty confirmou oficialmente o lanzamento de Call of Duty: Modern Warfare 4, nova entrega da saga bélica de Activision que estará dispoñible o 23 de outubro de 2026 para Xbox Series X|S, PlayStation 5, PC e Nintendo Switch 2. O xogo abandona definitivamente as consolas da anterior xeración, polo que non contará con versións para (...)
Ler máisThe Witcher 3 terá unha nova expansión
Mentres o público agarda con inquedanza máis información sobre The Witcher 4 (xogo do que só puidemos ver unha demo técnica) dende CD Projekt Red sorprenden anunciando Songs of the Past, unha terceira expansión para o videoxogo de 2015 The Witcher 3: Wild Hunt, que chegará o ano que vén a PlayStation 5, Xbox Series X|S e (...)
Ler máisA Steam Deck dispara o seu prezo
A actual crise de abastecemento de memorias levou a que Valve tivese problemas para lanzar as súas futuras Steam Machines (que aínda seguen sen fixar a súa data e prezo de lanzamento) e deixase de reabastecer unidades da súa célebre Steam Deck. Pero finalmente decidiron volver a pór á venda a Steam Deck, cunha actualización de prezo para sufragar o incremento (...)
Ler máisPlayStation Plus suma en xuño Grounded, Nickelodeon All-Star Brawl 2 e Warhammer 40.000: Darktide
Sony anunciou os xogos mensuais que se incorporarán en xuño ao servizo PlayStation Plus: Grounded Fully Yoked Edition, Nickelodeon All-Star Brawl 2 e Warhammer 40,000: Darktide. Os tres títulos estarán dispoñibles para todos os subscritores de PlayStation Plus entre o 2 de xuño e o 6 de (...)
Ler máisZara rende homenaxe á PSP
Durante os últimos anos Zara sorprendeu comercializando diferentes produtos ligados á marca PlayStation, como unhas zapatillas deportivas cun deseño bastante polarizante, unha faldriqueira, varias bandoleiras con forma de mando e incluso uns botíns, pero nesta ocasión están a conseguir certa viralidade coa bandoleira (...)
Ler máis