Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

ARC Raiders chega a PC e consolas

Embark Studios lanza oficialmente ARC Raiders, o seu esperado xogo multixogador de extracción ambientado nunha Terra futura e devastada, onde os humanos loitan pola supervivencia fronte a letais máquinas chamadas ARC e outros Raiders rivais. O título está dispoñible dende hoxe en formato dixital para PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC (a través de Steam e a (...)

Ler máis

Just Dance chegará aos televisores de LG

LG Electronics e Ubisoft uniron forzas para levar o popular xogo musical Just Dance Now aos televisores intelixentes de LG, que poderán converter calquera salón nunha pista de baile sen necesidade de consola. O tráiler oficial presentarase na Paris Games Week 2025, e o servizo comezará a chegar de maneira progresiva a EE.UU. e Europa a partir de decembro, a (...)

Ler máis

Estudantes da UVigo crean un proxecto de videoxogo inspirado nunha novela de Pedro Feijoo

Tomando como base un fragmento da novela, Ninguén contará a verdade, de Pedro Feijoo (Premio Xerais de Novela 2023), que narra a historia dunha xornalista que busca desentrañar un caso de corrupción política, o grupo de estudantes ComTecArt, da Facultade de Comunicación e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, idearon un proxecto de aventura (...)

Ler máis

Desvelan os xogos de PS Plus do mes de novembro

Os xogos mensuais de PlayStation Plus para novembro chegan con tres propostas moi diferentes pero igualmente atractivas: Stray, EA Sports WRC 24 e Totally Accurate Battle Simulator. Estes títulos estarán dispoñibles para todos os subscritores do servizo desde o martes 4 de novembro ata o luns 1 de (...)

Ler máis

Battlefield estrea un Battle Royale de balde

Electronic Arts e DICE veñen de lanzar Battlefield: Redsec, o primeiro xogo Battle Royale de balde da saga, que chega hoxe mesmo a todas as plataformas (PS5, Xbox Series X|S e PC). A nova proposta amplía o universo Battlefield con dúas experiencias principais: o modo Battle Royale tradicional e Gauntlet, un modo eliminatorio por quendas que recupera o (...)

Ler máis

O primeiro Halo modernízase e chegará por primeira vez a PlayStation

Halo Studios, o estudio anteriormente coñecido como 343 Industries, anunciou oficialmente o lanzamento de Halo: Campaign Evolved, unha ambiciosa reimaginación do clásico Halo: Combat Evolved, prevista para 2026 en Xbox Series X|S, PC e, por primeira vez na historia da franquía, tamén en PlayStation (...)

Ler máis

Fallout 4 celebrará o seu décimo aniversario cunha edición conmemorativa

Bethesda anunciou a chegada da Fallout 4 Anniversary Edition, unha versión especial do popular videoxogo que conmemora o décimo aniversario do seu lanzamento. Esta edición inclúe o xogo base, seis complementos oficiais e máis de 150 creacións do Club de creación, que por primeira vez se integran directamente no (...)

Ler máis

Sonic Rumble estrearase o 5 de novembro

Buscando replicar a fórmula de éxito de Fall Guys, Sega anunciou Sonic Rumble, un xogo free-to-play para Android, iOS e PC, que permitirá xuntar ata 32 xogadores por partida en carreiras frenéticas en escenarios cambiantes, que tiña previsto ver a luz o pasado 8 de maio, tendo aberto o seu pre-rexistro de usuarios en iOS e Android, así como en Steam, pero (...)

Ler máis

Os subscritores de Game Pass poderán gozar de Commandos: Origins e Football Manager 26

O servizo Xbox Game Pass continúa a reforzar a súa oferta con algunhas das incorporacións máis destacadas do outono. Nas vindeiras semanas chegarán títulos moi esperados como The Outer Worlds 2, PowerWash Simulator 2 e Football Manager 26, xunto con novas propostas de acción, estratexia e simulación que amplían o abano de estilos dispoñibles para os (...)

Ler máis

As plantas volverán defendernos dos zombis

Electronic Arts anunciou oficialmente o lanzamento de Plants vs. Zombies: Trasplantado, unha remasterización do tower defense de 2009 que chegará este xoves. A nova versión, desenvolvida por PopCap Games en colaboración con The Lost Pixels, promete recuperar a esencia do xogo que marcou unha xeración, agora con gráficos en alta definición, novos modos de xogo (...)

Ler máis

0 | ... | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | 220 | 230 | 240 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade