Vodafone terá nas tendas os pedidos dos seus clientes nun prazo máximo de dúas horas
venres, 13 de abril do 2018
Vodafone
España vén de lanzar un servizo que axiliza e facilita os procesos
de solicitude de produtos en establecementos da operadora. Estamos
a falar do servizo Recollida Express, que, segundo sinala a compañía,
permite que os clientes poidan recoller o seu pedido de terminal e
SIM nas tendas Vodafone, nun prazo de tempo máximo de 2 horas desde
que o solicitan. A iniciativa, que xa está en marcha en seis
locais de Madrid, Valladolid e Valencia, espallarase de maneira
gradual aos case un milleiro de puntos de venda que constitúen a
canle de distribución de Vodafone no eido estatal. O servizo ten,
ademais, a vantaxe de ser de balde. Achégase tanto para os clientes
que anoven terminal como para quen peida un número novo con ou sen
terminal.
As
persoas interesadas poden solicitar o servizo Recollida Express
chamando ao 123 ou 1444 ou facéndoo ao 22123 ou 1444 se non son
clientes. A compañía tamén lembra que en datas vindeiras a
iniciativa estará dispoñíbel a través da web www.vodafone.es,
o que deixará marxe aos usuarios para elixir exactamente en que
tenda recoller os seus pedidos.
Por
outra banda, a operadora complementará estas novidades coa posta en
marcha dun servizo de cita previa que permitirá seleccionar data e
hora para realizar calquera xestión en tenda (contratación de
produtos, atención ao cliente, etc) e outro de Entrega Premium
que fara posíbel que os clientes poidan recibir os seus pedidos en
dúas horas ou en horario nocturno no seu domicilio.