Western Digital comercializa un disco duro externo con servidor Plex
mércores, 22 de xuño do 2016
AÃnda que cada vez tendemos a ter máis contidos almacenados
na nube, cando abandonamos o noso domicilio habitual a limitada dispoñibilidade
da banda larga fainos volver a confiar nos sistema de almacenamento local, que
cada dÃa gañan máis posibilidades, e dende Western Digital fan unha proposta
moi atractiva de cara ao este verán: os novos discos duros WD My Passport Wireless Pro, que nun
tamaño bastante compacto (126 x 126 x 24 milÃmetros) permiten almacenar até 3
TB de contidos, apostando claramente pola mobilidade ao contar con baterÃa
interna recargable (cunha autonomÃa de até 10 horas, que incluso poder
aproveitarse para recargar os nosos trebellos) e conectividade sen fÃos (Wi-Fi),
de xeito que cando imos de vacacións poderemos acceder aos nosos contidos
multimedia dende o noso ordenador portátil ou dende dispositivos como
smartphones e tabletas. Tamén integra un lector de tarxetas SD (facilitando asÃ
gardar as fotografÃas e vÃdeos da nosa cámara) e USB 3.0 para poder transferir
contidos a alta velocidade.
Pero a funcionalidade realmente innovadora deste disco duro é que integra un
servidor de Plex, o que facilita que os contidos audiovisuais almacenados no
seu interior poidan reproducirse comodamente dende outros dispositivos, á vez
que pode navegarse entre os contidos de xeito enriquecido, no que poderiamos
describir como contar cun Netflix persoal,
que levar connosco.
Este atractivo disco duro portátil que permÃtenos levar unha completa colección
audiosual connosco, organizada e moi accesible dende ordenadores, smartphones,
tabletas, consolas de videoxogos e televisores conectados está xa dispoñible a
un prezo de 229,99 euros para o modelo con 2 TB de capacidade e a
259,99 euros para o modelo con 3 TB de capacidade.
Solución doméstica e de oficina
Para os que queiran gozar dun servidor Plex no fogar, á vez que de grande capacidade de almacenamento en rede, hai tamén a solución WD My Cloud Pro, capaz de servir até 4 fluxos de vÃdeo a 1.080p de xeito simultáneo, e que preséntase con versións con 2 ou 4 compartirmentos para discos duros, de xeito que poden ter até 16 e 32 TB de capacidade respectivamente, custando o modelo básico (sen discos) 459,99 euros, mentres que a configuración con 32 TB de capacidade chegarÃa até os 1.799,99 euros, de xeito que entendemos que non estamos ante unha solución pensada precisamente para o lecer doméstico, senón que tamén buscarÃa ser unha solución para o traballo en equipo ou a realización de copias de seguridade, facilitando a creación dunha nube persoal.
- O WD My Cloud Pro facilita a creación dunha nube doméstica á vez que tamén pode empregarse como servidor multimedia