Wolder prepara o lanzamento dunha cámara de acción de 360 graos
luns, 11 de xullo do 2016
A
emerxencia dos cascos de realidade virtual vén acompañada pola proliferación de
cámaras de 360 graos, negocio no que vai a entrar Wolder, compañÃa bastante
popular en España dentro do mercado de tabletas, e que agora amplÃa
a súa gama de cámaras de acción coa Wolder Globe, que terá o formato
habitual das cámaras deportivas, pero con dobre cámara de 8 MpÃxeles e
conectividade Wi-Fi.
Polo momento adiantan que o vÃdeo que produce estarÃa a 1.080p e 30 imaxes por
segundo, polo que parece claro que o seu obxectivo é producir contidos para
poder experimentar con eles en smartphones con pantalla Full HD e un dos
populares cascos baseados no cartón
de Google.
A nova cámara de acción de Wolder sairá á venda a finais de mes a un prezo
inferior aos 200 euros, de xeito que serÃa máis económica que as cámaras de
Samsung e LG, aÃnda que ofrecendo unha calidade de imaxe extremadamente
inferior, polo que non parece que vaiamos a estar ante un produto moi
recomendable (especialmente porque competirá con moitos dispositivos
semellantes de fabricación chinesa).
- O dispositivo de Wolder combina dúas cámaras para xerar unha imaxe de 360 graos