Xiaomi presenta un novo televisor 4K de 48 polgadas
xoves, 16 de xullo do 2015
O fabricante Xiaomi continúa a incrementar a súa familia de
televisores que por desgraza comercializa polo momento só en China, pero que
serven de exemplo do que pode ofrecerse por un prezo tan axustado, animando aos
fabricantes a ofrecer cada vez máis prestacións e adaptar os seus prezos ao
peto dos consumidores. O novo televisor, que sairá á venda o 22 de xullo, é o Mi TV 2S, que ten un impresionante panel
de 48 polgadas con resolución 4K (3.840 x 2.160 pÃxeles), un potente procesador
MStar 6A928 (capaz de decodificar vÃdeo 4K a 60 cadros por segundo), son Dolby,
un marco de aluminio de só 9,9 milÃmetros de grosor e un prezo de só 2.999
iuans (442,67 euros), aÃnda que resulta máis popular a compra por 3.999 iuans
(590,28 euros) da súa versión máis completa, que inclúe unha barra de son e un subwoofer, de xeito que consegue unha
experiencia cinematográfica moito máis completa. Para adaptarse aos gustos dos
consumidores incluso venderase en 6 cores distintas, algo ao que estamos
afeitos en dispositivos como os smartphones ou os reprodutores multimedia, pero
que resulta bastante sorprendente no caso dos televisores.
- Lei Jun amosando o reducido grosor do novo televisor
Na presentación deste televisor realizáronse comparacións con outros televisores semellantes de Samsung, Sony e Sharp, con prezos moi superiores, aos que incluso chega a superar en saturación de cor. O televisor tamén integra 2 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0 e sistema operativo MIUI TV baseado en Android 5.0, ou sexa, que serÃa un dos dispositivos con maior potencial no eido dos Smart TV, por ser capaz de correr infinidade de aplicacións a pantalla completa, entre as que figuran moitas aplicacións que abren o acceso a contidos audiovisuais en liña. Tamén é capaz de reproducir contidos audiovisuais nos formatos máis populares (MKV, MP4, AVI...) chegando incluso a soportar a codificación H.265 (chamada a ser o futuro do vÃdeo a través da Internet para poder rexistrar imaxe en 4K, especialmente de querer conseguir vÃdeo a altas taxas de fotogramas) e incorporando incluso un porto USB 3.0 para gozar de boas velocidades de transferencia.
- O Mi TV S2 estará dispoñible con marcos de distintas cores