Xiaomi reforza a súa familia de móbiles Redmi
martes, 28 de maio do 2019
Xiaomi continúa a potenciar a súa marca máis económica, Redmi, agora con smartphones que poderÃan chegar a rivalizar co célebre Pocophone F1, á vez que tamén estrea un novo terminal de entrada, o Redmi 7A, que destaca polo seu prezo reducido e grande autonomÃa.
Redmi K20 e K20 Pro
Deste xeito o novo smartphone insignia de Redmi serÃa o Redmi K20 Pro, que equipa un
procesador Qualcomm Snapdragon 855, que xunto cunha tecnoloxÃa de arrefriamento
de 8 capas de grafito consegue disipar a calor para que o dispositivo manteña
unha temperatura moderada ante grandes cargas de traballo.
Estes móbiles contan cunha pantalla AMOLED de 6,39 polgadas e unha traseira de
cristal curvado cunha aparencia única grazas a unha tecnoloxÃa nano-holográfica
que provoca unha orixinal textura. O lector de pegadas de dixitais está tamén
na propia pantalla, que carece de pestanas e perforacións xa que a súa cámara
frontal de 20 MpÃxeles está agochada nun mecanismo retráctil, mentres que na
parte traseira inclúe unha cámara tripla que conta cun sensor principal Sony de
48 MpÃxeles apoiado por un sensor grande angular de 13 MpÃxeles e un
teleobxectivo de 8 MpÃxeles.
A súa baterÃa é de 4.000 mAh, con soporte de carga de 27 watts, e este potente
smartphone tamén conta con NFC, potentes altofalantes e conector para
auriculares.
O seu prezo é moi contido, xa que a súa configuración con 6 GB de RAM e 64 GB
de almacenamento custará 2.499 iuans (323 eros), con 128 GB de almacenamento
subirÃa até os 2.599 iuans (336 euros), se chegamos até 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento quedarÃa en 2.799 iuans (362 euros) e, finalmente, o modelo con 8
GB de RAM e 256 GB de almacenamento venderase a 2.999 iuans (388 euros).
O modelo Redmi K20 é moi semellante,
cambiando basicamente por contar cun procesador Qualcomm Snapdragon 730 e contar
cunha carga rápida máis lente (de 18 watts). Con estes compromisos tan cativos
o móbil consegue ter un prezo aÃnda máis axustado, vendéndose o modelo con 6 GB
de RAM e 64 GB de almacenamento por 1.999 iuans (259 euros), a versión con 6 GB
de RAM e 128 GB de almacenamento por 2.099 iuans (272 euros) e o de 8 GB de RAM
e 256 GB de almacenamento por 2.599 iuans (336 euros).
Redmi 7A
Pero o smartphone que vai ser todo un éxito de vendas é
claramente o Redmi 7A, como digno sucesor
do Redmi 6A, que desta volta vén cun procesador Qualcomm Snapdragon 439 e baterÃa
de 4.000 mAh con carga de 10 watts, que inclúe pantalla HD de 5,45 polgadas, cámaras
de 13 e 5 MpÃxeles, altofalantes mellorados, resistencia a salpicaduras e a
posibilidade de escoitar a radio FM sen precisar de antena externa.
Este móbil chegará ao mercado a un prezo reducidÃsimo, custando 529 iuans (68
euros) o modelo con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento, mentres que os
modelos con 2 GB de RAM e 32 GB de almacenamento e 3 GB de RAM e 32 GB de
almacenamento venderanse a 599 iuans (77 euros) e 799 iuans (103 euros) respectivamente.
- Pese a ser un móbil básico, o Redmi 7A é resistente a salpicaduras