nVIDIA convértese na compañía con maior valoración bolsista do mundo

mércores, 19 de xuño do 2024 Marcus Fernández

Hai un par de semanas nVIDIA superaba a Apple en valoración bolsista tras superar os 3 billóns de dólares de capitalización, grazas ao pulo que está a ter a intelixencia artificial, potenciada en grande medida pola tecnoloxía de nVIDIA, da que dependen os principais actores do sector.
Aínda que puntualmente Apple disparou a súa cotización no índice NASDAQ, ao estabilizarse o seu valor deixounos un panorama que chegou antes do previsto, con nVIDIA superando e valoración bolsista a Microsoft e converténdose na empresa con maior valoración de mercado do mundo.
No momento de escribir estas liñas Apple estaría valorada en 3,286 millóns de dólares, Microsoft en 3,317 millóns de dólares e nVIDIA en 3,335 millóns de dólares. Falamos de valores moi próximos, de xeito que as posicións nos primeiros postos do NASDAQ poden mudar en calquera momento, pero o que está claro é que actualmente os mercados confían no impacto económico da IA.

PUBLICIDADE