XeraciónWeb, a nova publicación dixital galega
xoves, 10 de maio do 2007
Un novo xornal
dixital en galego nace hoxe, XeraciónWeb,
que cun deseño atractivo e unha vocación participativa pretende facerse un
sitio entre os medios dixitais galegos.
A nova publicación está aberta á colaboración mediante a súa sección Esfera Libre, conta cunha sección de opinión que se mestura tamén
con blogs e, aparte da sección de novas, tamén serve como canle de
publicación de especiais coma
o que inaugura a web e que fala sobre a deficiente penetración da banda larga
no rural galego.
XeraciónWeb inicia con blogs propios como a
bulla de Zapping (no que se discute sobre cousas cotiás como a colocación
dos rolos de papel hixiénico), Animais
polÃticos (que trata da polÃtica galega), Mundo Beta (un espazo para a tecnoloxÃa)
e Éche o que hai (o blog
editorial da nova publicación).
Podemos falar asà dun medio que busca aproveitar a capacidade do seu soporte
(como demostran elementos coma o gráfico interactivo incrustado no artigo sobre a banda larga no
rural) para dar algo máis que os medios tradicionais, asà como agardan
achegarse ó lector dun xeito especial que chame á súa interacción (para o que é
preciso rexistrarse na súa
web).
Por último, caberÃa subliñar que inclúen unha
ligazón a un tradutor automático para poder consultar a súa web en español,
ou sexa, xusto o contrario doutro medios que contan con contidos en español que
se poden traducir automaticamente ó galego.