A USC premia ós estudantes que se matricularon por Internet

mércores, 17 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

Tres computadores portátiles, vinte teléfonos móbiles e outras tantas matrículas de balde foron os premios sorteados entre os estudantes que neste curso académico optaron por matricularse na Universidade de Santiago a través de Internet. Concretamente, a través da web Xescampus, medio encamiñado a formalizar as relacións administrativas entre o estudantado e a Universidade e, tamén, a contribuír á normalización do emprego das novas canles da información entre a mocidade. Polo tanto, o obxectivo da USC é o seguinte: conseguir que a maior parte dos trámites administrativos se fagan a través da Rede, como xa ocorre no caso dos novos Programas Oficiais de Posgrao ou nos cursos de verán, conseguíndose nun futuro inmediato (asegura a institución académica) que o acceso a tódolos seus planos de estudos poida formalizarse en liña.

Segundo as estatísticas da USC, o número de alumnos interesados en formalizar a súa matrícula vía Internet medra cada ano e, dende o curso 2004-2005, a cifra de mozos e mozas que preferiron este medio innovador para facerse alumnos oficiais da institución incrementouse nun 50 por cento, até o punto de que neste curso académico case 4 de cada 10 alumnos formalizaron a súa matrícula a través das novas canles.

De entre tódolos alumnos que optaron polas novas tecnoloxías da información para realizar os seus trámites de acceso á Universidade, os agraciados no sorteo foron:

Jorge López-Sarry Álvarez, Olimpio dos Santos Castro, e Alejandra Echizarreta Díaz que recibiron un portátil.

Rafael Sexto Alende, Rocío Blanco Mosquera, Lorena Pereira Estévez, Laura Edreira Iglesias, María del Carmen Almodóvar Picón, Pablo Rodríguez Padín, Gabriel Sanmartín Díaz, Romina Penelo Rocha, Daniel Sanso-Rubert Pascual, Alberto Lago Alonso, Pamela Martínez Bouzón, Rebeca González Cabaleiro, Sergio Silva Bautista, Tania González Lavandeira, Marta Méndez Vilas, Serafín Alonso Casas, Cristina Alen Seoane, María Lago Lestón, Juan Francisco García Iglesias e Carmen Torreiro Santos, que foron galardoados con cadanseu teléfono móbil.

E por último, no sorteo das vinte matrículas de balde, resultaron seleccionados Miguel Súarez Omil, Jorge Sousa Herves, Alexandra Pérez García, Lucía Fernández Rodríguez, Carlos Fuentes López, Julia Rúa Nieves, Miguel Rosales Sueiro, Javier Enrique Prado Vega, Laura Alén Otero, Gonzalo Moreira García, Margarita Lorenzo González, Xan Carlos Ansia Rodríguez, Bibiana Cives Sánchez, Ada María Pérez Pico, Ismael Mosteiro Fernández, Helena Isabel García de Llano, Samuel Garabal Fernández, Luz Berta López Crespo, Noelia Martín Galán e Eva Lázaro López.

PUBLICIDADE