A integración da Historia Social Única Electrónica (HSUE) dos servizos sociais da Deputación da Coruña xa é unha realidade
venres, 12 de xaneiro do 2024
Dende a Deputación
da Coruña anunciaban este venres 12 de xaneiro que os
concellos da provincia coruñesa que empregaban o ecosistema de
Administración Electrónica Concello Dixital, da institución
provincial, dispoñen xa no seu catálogo dixital de servizos
administrativos a integración coa Historia Social Única Electrónica
(HSUE) da Xunta de Galicia.
Que suporá esta achega tecnolóxica? Pois impulsará a eficiencia
nos servizos sociais comunitarios das entidades locais grazas a
interoperabilidade que permite a consulta da información e descarga
da documentación relativa á historia social da cidadanÃa aloxada
na plataforma de datos da Administración Autonómica (HSUE).
Isto significa que os expedientes de solicitude de prestacións
iniciados desde os concellos poderán engadir documentación xa
aportada pola cidadanÃa, de maneira automatizada, garantindo o
cumprimento do principio só-unha-vez, que ten por obxecto a
supresión da carga administrativa innecesaria que se produce cando
os usuarios deben subministrar a mesma información máis dunha vez
ás administracións públicas.
O intercambio de datos entre administracións desenvólvese baixo os
obrigados principios que rexen no tratamento de datos persoais
recollidos na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección
de datos persoais e garantÃa dos dereitos dixitais.
Engadir que este novo servizo se fixo realidade grazas ao apoio e
coñecemento aportados polas traballadoras e traballadores dos
Servizos Sociais municipais. Asemade, cómpre salientar a implicación
dos equipos dos concellos de Bergondo, Cambre e DumbrÃa, que
acollerán a fase previa de testeo e pilotaxe do novo servizo, e as
primeiras sesións de formación.