A legalización de Mininova remata co seu éxito, pero non afecta ao tráfico P2P

mércores, 9 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Finalmente o paso do buscador de torrents Mininova a un modelo de negocio legal ten dúas consecuencias directas moi claras, pois pasou de 10 millóns de descargas ao día a só 371.424, estando tamén as súas visitas en caída libre, sendo de agardar a súa practica desaparición coma servizo de relevancia (dando a impresión de que as súas visitas actuais corresponden na súa meirande parte a visitas por parte de usuarios que claramente non atoparán no novo Mininova o que buscan), pero resulta igualmente rechamante o feito de que o tráfico a nivel xeral da rede BitTorrent non percibiu o máis mínimo a caída de Mininova, buscador que xa conta con ducias de herdeiros.

PUBLICIDADE