A plataforma social de eventos Kedin aparecerá por defecto nos Nokia N97

xoves, 11 de xuño do 2009 Marcus Fernández

O widget de Kedin aparecerá por defecto na pantalla do novo móbil de Nokia

A vindeira semana Movistar achegará a España o novo Nokia N97, produto que recibirán cos brazos abertos dende a plataforma social de eventos Kedin, xa que o widget que serve para utilizar este servizo web de xeito doado dende o novo móbil insignia do fabricante finlandés aparecerá de xeito predeterminado, sendo a única rede social que virá por defecto no Nokia N97.
Kedin podería definirse como unha rede social de evento que permite informarse sobre concertos, exposicións, obras de teatro, festas e todo tipo de celebración do noso interese, o que combinado coas posibilidades de xeolocalización do Nokia N97 resulta aínda máis atractiva, xa que a información presentada no móbil será a máis próxima á nosa posición actual.

PUBLICIDADE