Constitúese a mesa de contratación dunha rede WiMAX para a zona vella compostelá

xoves, 24 de xullo do 2008 Marcus Fernández

As redes Wi-Fi xa gozan de grande popularidade en Compostela, e co WiMAX poderían dar un paso adiante en servizos e cobertura

Este mércores se constituíu a mesa de contratación de subministro e posta en marcha da rede WiMAX que cubrirá a zona vella de Santiago de Compostela, que estará presidida por Olga Pedreira, concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica. Na mesma sesións abríronse as plicas do concurso público e verificouse que as 11 empresas que se presentaron tiñan entregado toda a documentación correctamente.
A empresa adxudicataria deberá pór en marcha e manter durante 3 anos a rede sen fíos que dará cobertura ao casco histórico compostelán, co que se pretende achegar á banda larga á zona monumental da cidade, para facer que este lugar agradable para vivir estea dotado de todos os servizos propios do mundo moderno.
A instalación desta rede sen fíos consistirá en 3 antenas WiMAX en lugares estratéxicos, que se complementará coa colocación de 11 puntos de acceso Wi-Fi nas prazas da zona vella (para conexións ao aire libre).

PUBLICIDADE