Dragon Quest Heroes chegará a PC a semana que vén
luns, 23 de novembro do 2015
Hai
pouco máis dun mes a
PlayStation 4 recibiu o xogo Dragon Quest
Heroes: El Infortunio del Árbol del Mundo y la Raíz del Mal, que supuxo
o salto da franquía Dragon Quest ao
RPG de acción ao máis puro estilo musou
(hack-and-slash coas mecánicas
propias dos Dynasty Warriors), pero
os xogadores de consolas de Sony non serán os únicos que poidan gozar desta
revisión da popular franquía de xogos de rol xaponeses, xa que o vindeiro 3 de
decembro chegará a Steam, de xeito que os usuarios de PC tamén poderán adquirir
este título.
A Slime Edition de Dragon Quest Heroes pode xa reservarse para PC a
un prezo de 44,99 euros (o que supón un aforro do 10% como promoción de
pre-lanzamento) e, aparte do xogo descargable, esta edición tamén inclúe 11
armas limosas adicionais e 2 mapas
extra.
Este xogo con deseños de Akira Toriyama (ou autor de As Bolas Máxicas) consistirá basicamente en enfrontarse a grandes
vagas de inimigos e derrotar a monstros xigantescos, de xeito que primará a
acción á vez que se gozará de coidados gráficos en alta definición e dunha
banda sonora creada por Koichi Sugiyama, compositor moi ligado a esta franquía.
Tráiler da versión para PlayStation 4 do xogo