empresas
O proxecto Neurocloud da spin-off coruñesa Qubiotech, Premio e-Inclusión do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acordou conceder o seu Premio e-Inclusión ao proxecto Neurocloud, a plataforma de análise de imaxes do cerebro da spin-off coruñesa Qubiotech (nome completo Qubiotech Health Intelligence). Será entregado, como os restantes galardóns anuais do CPEIG, no marco da Noite da Enxeñaría en (...)
Ler máisGeoTask revoluciona dende Galicia Open Future a xestión de recursos empresariais en desprazamento
O centro de crowdworking impulsado por Telefónica na Cidade da Cultura, Galicia Open Future (terceira edición), está a acelerar (entre outras moitas experiencias salientábeis de innovación) unha interesante proposta para favorecer a xestión empresarial a través dos dispositivos intelixentes. Trátase de Geotask, unha aplicación web e móbil desenvolvida por (...)
Ler máisEfectivos da Policía Local e do Grupo de Emerxencias de Ribeira fórmanse nas posibilidades dos drons para os rescates
Os técnicos da empresa Aerocamaras, con sede en Ourense e especializada e innovadores usos para os vehículos aéreos non tripulados, amais de en formación e desenvolvemento de drons, levaron a cabo este luns 20 de xullo un simulacro de salvamento con este tipo de dispositivos na praia de Coroso de Ribeira. A experiencia foi un complemento formativo para (...)
Ler máisNovo acordo entre R e APD para axudar ás empresas galegas
Ana Sánchez, Directora da Asociación para o Progreso da Dirección da zona Noroeste e Alfredo Ramos, director de R asinaron esta mañá a renovación do acordo de colaboración entre as dúas entidades na sede do operador galego na Coruña. Con este novo convenio actualízase a confianza e a aposta que xa viñan desenvolvendo empresa e asociación en aras do (...)
Ler máisA consultora galega Vitae celebra 20 anos de formación tecnolóxica ininterrompida
A consultora tecnolóxica Vitae Consultores, referente a nivel galego e estatal da formación TIC actualizada para profesionais dos sectores innovadores (tecnolóxicos, industriais) está estes días de celebración: a conmemoración dos 20 anos de andaina do proxecto Vitae.
Ler máisVagalume desenvolve unha app para aforrar custes e enerxía en instalacións fotovoltaicas
O grupo empresarial enerxético Vagalume Energía vén de presentar a que sería, nas súas palabras, a primeira aplicación online galega destinada a determinar o custo e o aforro dunha instalación fotovoltaica para fogares e empresas. Trátase dunha ferramenta que a través dun algoritmo propio, e empregando a tecnoloxía de cartografía de Google Maps, permite coñecer (...)
Ler máisAs vantaxes da metodoloxía TDD centran un novo curso de Vitae entre marzo e abril
Vitae Consultores, no marco da súa intensa actividade formativa de transformación e innovación, organiza esta tempada un novo curso que pon o foco na metodoloxía Test Driven Development (TDD), práctica técnica para o desenvolvemento de software na que se escriben test para guiar a escritura do código de produción, e cuxas ferramentas de proba representan (...)
Ler máisCLUSAGA e Siemens mostran como dixitalizar a nosa industria alimentaria
Os fondos europeos NextGenerationEU, que darán impulso á transformación dixital do sector alimentario en Galicia, centraron parte da xornada organizada este xoves 19 de xaneiro por Siemens e a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA) no Edificio FEUGA de Santiago. Estas axudas europeas, segundo explicou Xosé Ramón Vázquez, responsábel da oficina (...)
Ler máisO Grupo Aldaba dá un novo impulso á súa estrutura organizativa
O Grupo Aldaba, referente do ámbito TIC galego e estatal (cun volume de negocio superior aos 11 millóns de euros e un persoal de 180 persoas), anunciou cambios nas súas estruturas directivas e organizativas, “ao abeiro dun proceso perfectamente orquestrado para afrontar o crecemento experimentado nestes anos e o que se espera para os próximos, e garantir (...)
Ler máisSitúan como exemplo de dixitalización ao grupo galego Jim Sports, galardoado co Premio CEL-ABANCA
O grupo galego Jim Sports, que ten na Rede o meirande inventario deportivo do mercado estatal, recibiu esta semana o Premio ao Emprendemento da Fundación CEL e ABANCA, segunda edición. O recoñecemento veu dado, en palabras das dúas entidades, “pola súa aposta constante pola innovación e a expansión internacional, que lle serviron ao grupo para converterse nunha (...)
Ler máis0 | ... | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | ... | 880
