empresas
Europublic consolida a súa unidade de traballo especializada en comunicación dixital
Europublic, grupo galego especializado nos ámbitos na mercadotecnia estratéxica, a comunicación e a consultoría avanzada, vén de afianzar a súa unidade especializada en Comunicación Corporativa Dixital, unha fronte de traballo destinada a pór en valor a experiencia e a bagaxe de axencia con sede en Oleiros ao longo dos seus 22 anos de actividade. A fórmula (...)
Ler máisVitae organiza en abril un curso sobre optimización avanzada de consultas con T-SQL e SQL Server
Vitae Consultores, tecnolóxica galega centrada en formación avanzada para (sobre todo) profesionais das TI de todo o ámbito estatal, vai achegar este mes de abril o curso Optimización Avanzada de Consultas con T-SQL en SQL Server. Será unha actividade formativa de 12 horas, a desenvolver os días 21, 23, 28 e 30 de (...)
Ler máisMobify amplía a súa frota de vehículos
Mobify, un proxecto de carsharing flexible desenvolvido por mozos emprendedores ourensáns, que perseguen ofrecer en calquera momento que se precise un coche para desprazarse, pagando só polo seu uso, presentou a súa nova frota nun acto no que un dos seus fundadores, José Manuel Martínez, asegurou que «se tes móbil, tes coche: en menos de 20 segundos reservas o (...)
Ler máisVitae amósanos en xullo como mellorar o noso papel de líderes e compañeiros en equipos TI
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, vai organizar este verán a nova edición (a quinta) dunha actividade formativa que presenta importantes claves para extraer o mellor profesional (líder e/ou compañeira/o) que hai dentro de nós. Trátase da quinta convocatoria do curso Liderado e xestión de equipos en proxectos TI áxiles, unha formación de dez horas (...)
Ler máisBalidea colabora no desenvolvemento web do Observatorio de Saúde Pública de Galica
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) publicaron este mes de febreiro o portal web do Observatorio Galego de Saúde Pública, un espazo de datos sanitarios “aberto e dinámico” que, en palabras do Goberno galego “marca un antes e un despois” na maneira de achegar a información á cidadanía e aos profesionais. A plataforma, que está dispoñíbel (...)
Ler máisO proxecto Neurocloud da spin-off coruñesa Qubiotech, Premio e-Inclusión do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acordou conceder o seu Premio e-Inclusión ao proxecto Neurocloud, a plataforma de análise de imaxes do cerebro da spin-off coruñesa Qubiotech (nome completo Qubiotech Health Intelligence). Será entregado, como os restantes galardóns anuais do CPEIG, no marco da Noite da Enxeñaría en (...)
Ler máisGeoTask revoluciona dende Galicia Open Future a xestión de recursos empresariais en desprazamento
O centro de crowdworking impulsado por Telefónica na Cidade da Cultura, Galicia Open Future (terceira edición), está a acelerar (entre outras moitas experiencias salientábeis de innovación) unha interesante proposta para favorecer a xestión empresarial a través dos dispositivos intelixentes. Trátase de Geotask, unha aplicación web e móbil desenvolvida por (...)
Ler máisSIVSA fornece máis de 5.000 novos ultraportátiles para os colexios de Abalar
A empresa galega SIVSA, histórico referente tecnolóxico na nosa terra (foi fundada en 1987), está a abastecer os nosos colexios públicos con equipamentos avanzados para seguir impulsando e ampliando o concepto de aula dixital, un fornecemento que anunciamos a finais de 2017 dende Código Cero salientando a cifra de computadores a subministrar: 14.600 (...)
Ler máisDocuten xestionou dixitalmente máis de 8,5 millóns de documentos e permitiu un aforro de máis de 19,5 millóns
A empresa tecnolóxica coruñesa Docuten fixo balance do seu traballo en 2020 ampliando procesos de dixitalización nas empresas e entidades co fin de mellorar a súa eficiencia e permitir a xestión remota dos procesos administrativos. É así que durante o ano pasado, a empresa tramitou de forma dixital un total de 8.755.788 documentos que permitiu un importante (...)
Ler máisVitae e a formadora Josefina Nocelo achegan en febreiro a edición 48 do seu curso de SCRUM e proxectos áxiles
Hoxe en día quen desexe ser un bo profesional do ámbito tecnolóxico ten que ter claro, dende antes incluso de incorporarse a unha empresa, que a formación teórico-práctica en metodoloxías áxiles é unha condición case imprescindíbel para conseguilo. Existen moitas vías ás que acceder para acadar esta formación, pero é moi probábel que en todo o ámbito estatal non (...)
Ler máis0 | ... | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | ... | 880
