empresas
A fibra óptica de R e Rede Aberta chega a 6.500 fogares do concello de Rianxo
A cobertura de fibra óptica no fogar (FTTH) vén de chegar a arredor de 6.500 fogares e empresas do concello de Rianxo grazas ao acordo da operadora de telecomunicacións R co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta. Deste xeito uns 1.200 inmóbeis dos núcleos de Rianxo, Isorna, Leiro e Taragoña sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas (...)
Ler máisO ITG alcanza unha facturación récord de 10 millóns de euros e 130 empregados
O Centro Tecnolóxico ITG alcanzou en 2023 unha facturación récord de 9,8 millóns de euros, ademais de ampliar o seu persoal ata os 130 profesionais por primeira vez na súa historia. Nestas cifras, segundo explicou este 29 de xullo Carlos Calvo (director xeral do centro), influíu o incremento nun 34% da actividade de ITG en Intelixencia Artificial grazas ás (...)
Ler máisPreto de 7.000 inmóbeis de Chantada xa dispoñen de alta velocidade coa fibra óptica de R
A operadora galega R fixo balance da súa presenza no concello lucense de Chantada, onde xa dispoñen de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH) arredor de 7.000 fogares e empresas. Estes inmóbeis poden gozar grazas a esta tecnoloxía de R “dos servizos máis avanzados de telecomunicacións coa tecnoloxía máis rápida do mercado”, sinalou a empresa, engadindo que (...)
Ler máisVitae achega unha xornada gratuíta na Cidade das TIC sobre a IA Xenerativa
Vitae Consultores, consultora tecnolóxica da nosa terra centrada en achegar formación avanzada sobre as máis disruptivas tecnoloxías de uso empresarial e profesional, vai organizar este mes de marzo un evento formativo e gratuíto que pon o foco nunha das tecnoloxías punteiras con meirande proxección no ámbito das empresas de desenvolvemento TIC: a Intelixencia (...)
Ler máisImaxin alíase con Priberam para integrar o seu sistema de tradución automática nun software de tratamento de vídeo con IA
A empresa galega imaxin|software e a portuguesa Priberam remataron a integración de varios pares de idiomas da plataforma Opentrad no software de tratamento de vídeo plainX que, segundo indican, “permite a transcrición, tradución, subtitulado e dobraxe automática empregando avanzadas técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural e de Intelixencia Artificial”. (...)
Ler máisVitae mergúllanos nas vantaxes do Cadro de Mando Integral para recursos humanos
Entre as conclusións que podemos extraer da actual situación sanitaria e social atópase unha que entronca directamente coa innovación: cada día é unha nova oportunidade para formarnos e evolucionar. Se isto é válido para calquera época previa á crise, agora resulta aínda máis conveniente, tendo en conta como todo, dende o detalle máis grande até o máis pequeno, nos (...)
Ler máisEstudantes de secundaria mergúllanse no quefacer diario de SIVSA
A empresa galega SIVSA, centrada en servizos tecnolóxico-dixitais avanzados, deu acollida estas últimas semanas a un grupo de estudantes da nosa terra para mergullalos no día a día dunha firma TIC, neste caso concreto o “día a día” de SIVSA. Na experiencia participaron cinco rapaces que cursan estudan nos IES Castelao, Monte Carrasco, Carlos Casares e Beade. A (...)
Ler máisCONGALSA remata con éxito a súa conversión en industria intelixente coa axuda de Gradiant
CONGALSA, empresa da Pobra do Caramiñal, é un referente en alimentación e, cada vez con pasos máis firmes, tamén en innovación e transformación. Isto quedou constatado novamente este venres 24 de marzo, coa presentación dos resultados do proxecto CONGASL4.0, a estratexia de fábrica 4.0 da compañía, que mobilizou un total de 4,8 millóns de euros nos últimos tres (...)
Ler máisOs fundamentos e as utilidades do testing, ao detalle nun curso de Vitae
Por razóns de operatividade, de rapidez e de prazos cada vez máis curtos, as probas (o testing) no desenvolvemento informático non teñen toda boa sona que sería de desexar, malia ser unha parte fundamental do traballo de programación e, por extensión, de calquera ámbito empresarial e industrial onde se acheguen produtos ou servizos de certa complexidade. As (...)
Ler máisBalidea intégrase no Foro Social do Instituto da Lingua Galega
O Instituto da Lingua Galega, centro de investigación lingüística pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, constituíu o pasado 2 de xullo o seu Foro Social, un órgano de asesoramento externo conformado por membros de distintas institucións do eido cultural, editorial, dos medios de comunicación, da investigación e da empresa. Balidea, como empresa (...)
Ler máis0 | ... | 720 | 730 | 740 | 750 | 760 | 770 | 780 | 790 | 800 | ... | 880
