empresas
Os produtos de PescadeRías ofrecen garantías adicionais de integridade grazas á tecnoloxía blockchain de SIVSA
A empresa galega SIVSA, con sede principal en Vigo, foi a encargada de achegar tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain) e rastrexabilidade á marca galega PescadeRías, de onde se non?, impulsada pola Consellería do Mar. O obxectivo deste proxecto impulsado pola axencia AMTEGA e adxudicado a SIVSA é achegar garantías adicionais acerca da integridade de cada (...)
Ler máisA galega Domesting lanza un software pioneiro para dixitalizar e automatizar todas as tarefas dun hotel
A firma innovadora Domesting, con sede na Coruña, vén de comunicarnos que ten entre mans un interesante proxecto de software dirixido a facer máis doadas, eficaces e eficientes as tarefas diarias a desenvolver nun hotel. A iniciativa, en fase de desenvolvemento, chámase Hospitality e materializaríase nun software que é quen de centralizar as comunicacións (...)
Ler máisSenseitrade e ABANCA darán forma a unha innovadora plataforma de investimento
Os días pasados deuse a coñecer unha interesante iniciativa galega do ámbito das finanzas TIC (o chamado fintech). Estamos a falar do proxecto conxunto da firma Senseitrade, centrada en avaliar e mostrar tendencias de bolsa a través da información a gran escala, e a entidade ABANCA para desenvolver unha innovadora plataforma de investimento. En virtude deste (...)
Ler máisFrancisco Botas amosa en Santander a folla de ruta dixital de Abanca
O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, estivo este xoves 30 en Santander para participar no seminario Desafíos da economía española, curso organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo co obxectivo de avaliar as expectativas actuais do país a través de “reflexións de destacados persoeiros da vida económica”. Baixo o título de A banca na (...)
Ler máisVitae impulsa a transformación das empresas cun curso sobre mercadotecnia dixital
Vitae Consultores vai achegarnos este outono formación específica sobre como promover a nosa empresa e os nosos produtos a través dos servizos tecnolóxicos: redes sociais, páxinas web, blogs, comunidades, medios de comunicación online e demais vieiros propicios para o que se coñece como nova mercadotecnia. Estamos a falar do Curso Marketing Dixital: da venda (...)
Ler máisVodafone despedirá até a 1.200 empregados
Vodafone España anunciou hoxe a apertura dun Procedemento de Despedimento Colectivo que afectará a un máximo de 1.200 empregados e que abrirase a consulta a finais do presente mes, período que durará un mes. Esta redución do cadro de persoal atende a razóns económicas, produtivas e (...)
Ler máisTelevés mostrará a súa aposta sustentábel nunha xornada da Cámara de Santiago
A Cámara de Comercio de Santiago vai achegar unha xornada online sobre os novos xeitos de xerar servizos e produtos dun xeito máis eficiente, rendíbel, competitivo e respectuoso co medio ambiente. Falamos da sesión A sustentabilidade, factor estratéxico para a peme, que se organiza en colaboración coa Cámara de Comercio de España e a Rede Española do Pacto (...)
Ler máisEfectivos da Policía Local e do Grupo de Emerxencias de Ribeira fórmanse nas posibilidades dos drons para os rescates
Os técnicos da empresa Aerocamaras, con sede en Ourense e especializada e innovadores usos para os vehículos aéreos non tripulados, amais de en formación e desenvolvemento de drons, levaron a cabo este luns 20 de xullo un simulacro de salvamento con este tipo de dispositivos na praia de Coroso de Ribeira. A experiencia foi un complemento formativo para (...)
Ler máisA fibra óptica de R e Rede Aberta chega a 6.500 fogares do concello de Rianxo
A cobertura de fibra óptica no fogar (FTTH) vén de chegar a arredor de 6.500 fogares e empresas do concello de Rianxo grazas ao acordo da operadora de telecomunicacións R co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta. Deste xeito uns 1.200 inmóbeis dos núcleos de Rianxo, Isorna, Leiro e Taragoña sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas (...)
Ler máisVitae adéstranos cun novo curso no manexo de datos coas ferramentas de Microsoft Office
Vitae Consultores organiza esta tempada un curso para converternos en expertos no manexo e xestión dos datos, a través de Excel e varias potentes ferramentas que están integradas nas últimas versións da suite ofimática Microsoft Office, que son Power Query, Power Pivot e DAX. Grazas a esta actividade formativa, estaremos en disposición de elaborar cadros de (...)
Ler máis0 | ... | 750 | 760 | 770 | 780 | 790 | 800 | 810 | 820 | 830 | ... | 880
