Este venres temos cita co mellor audiovisual en galego na gala final do III Youtubeir@s

xoves, 28 de novembro do 2019 Redacción

Este 29 de novembro será unha das noites máis relevantes do ano en materia de audiovisual en galego nas redes. Estamos a falar da celebración da gala final da terceira entrega de Youtubeir@s, que virá acompañada dunha chuvia de premios (aos que aspiran 27 finalistas dos 252 vídeos e canles participantes) ás mellores contribucións a este proceso común de encher as redes sociais, poñendo o foco no YouTube, de contidos na nosa lingua. Patricia de Lorenzo, o DJ Manu TF e a graffiteira Iria Fafián encargaranse de animar o broche de ouro do certame, que se celebra a partir das 20.00 h no Teatro Principal de Santiago.
A actriz Patricia de Lorenzo encargarase de conducir a cerimonia, para a que se transformará en Isaura, a súa coñecida personaxe na peza teatral Fillas Bravas do Grupo Chévere, mentres que Manu TF ocuparase de poñer a música e Iria Fafián elaborará en directo un gran graffiti para celebrar o final desta terceira edición de Youtubeir@s, iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Como dixemos, nesta terceira convocatoria rexistráronse un total de 252 inscricións, entre vídeos e canles participantes, o cal se traduce en que en máis de 1.000 minutos creados en galego e incorporados ao de YouTube este último ano. Ademais, constátase un aumento na participación, que pasou das 202 inscricións de 2017, ano en que se celebraron os primeiros premios, ás 252 desta edición, que aspiran a uns galardóns divididos en nove categorías e cunha dotación económica total de 6.500 euros.
Finalistas por categorías
· Categoría de vídeo-facermos:
A palabra máis fermosa do galego (pesadelo antes do 17 de maio) - Aquele
O mellor arroz con leite (de Cunqueiro) – A lobeira today
O radon: malos modais para un gas nobre – Aarón Vilariño
· Categoría de vídeo-opinarmos:
O discurso heteropatriarcal – Olaxonmario
As entrañas do Luar (con Laura Cruxeiras) - Aquel-e
Como se foma un cantil. O exemplo de Santa Mariña de Augas Santas

(Praia das Catedrais) - Xacobo de Toro Cacharrón
· Categoría de vídeo-cantarmos:
O queimaserebros - Blanca e Tinta.
Os novos-Quero Fugir -Aaron Vilariño
Rosalía ft. Rosalía Malaxente (MJ COVER) -MJ Pérez.
· Categoría de canle:
Olaxonmario
Aquel-e
Xacobo de Toro Cacharrón
Categoría de creatividade:
Canle: Cativos na Cociña – Siradella Films
O Xardineiro dos ingleses | Booktriler - Aarón Vilariño.
Como calcular o tamaño da Terra – Aarón Vilariño
Categoría de eficiencia comunicativa:
A nosa historia de superación – Familia Vázquez TV
Halitose ou mal hálito – Clínica Médico Dental Padiñas
Rosalía ft. Rosalía Malaxente (MJ COVER) -MJ Pérez.
Categoría de calidade técnica:
Que nos pille rebolando – Aquel-e
Canle: Cativos na Cociña – Siradella Films
Os novos-Quero Fugir – Aarón Vilariño
Categoría de calidade lingüística:
A morte – Memorias da Pontragha
21 días improvisando – A Rabela
OrientaConsello-14.O posto de ordenanza – Down Galicia
Categoría de proposta youtubeira:
Flow do Toxo -Flow do toxo
A substitución lingüística – Olaxonmario
Cousas que non me gustan de Youtube - A Lobeira Today

PUBLICIDADE